A ACTRIZ VIGUESA MARÍA CASTRO SERÁ A PREGOEIRA DA 42ª FESTA DO QUEIXO!

Home/Inauguración e pregón, Novas/A ACTRIZ VIGUESA MARÍA CASTRO SERÁ A PREGOEIRA DA 42ª FESTA DO QUEIXO!

A ACTRIZ VIGUESA MARÍA CASTRO SERÁ A PREGOEIRA DA 42ª FESTA DO QUEIXO!

Bo día! Xa temos pregoeira! Unha galega moi moi currante que triunfa alí onde pisa!

María é tamén presentadora, bailarina e ex-ximnasta rítmica. Dará o pregón o sábado 4 de marzo no campo da feira de Arzúa (Inauguración ás 12 h).

Da súa traxectoria profesional, o seu primeiro traballo foi o papel de Paula Barreiro na exitosa serie de PRATOS COMBINADOS da TVG. Participou no reparto da primeira serie diaria de produción española de LA SEXTA, SMS, onde interpretaba a Lucía. En 2008 dase a coñocer a nivel estatal co papel de Jessica en SIN TETAS NO HAY PARAISO, serie que se convirtiu en revelación televisiva

 

Noutras facetas, colaborou con Carlos Baute no videoclip de «Nada se compara a ti». Tras gañar o PREMIO ONDAS, a actriz confesou: «Me quedé en estado de shock cuando me enteré».

Protagonizou tamén VIVE CANTANDO, onde deu vida a Trini e TIERRA DE LOBOS, onde a actriz compitiu contra si mesma en ambas canles. En abril de 2015 empezou a emisión da serie de TVE SEIS HERMANAS, onde María dá vida a Francisca Silva, a máis aventureira das irmás Silva. En outubro de 2016 anuncia a súa incorporación a T5 para protagonizar con Rubén Cortada entre outros, a serie ELLA ES TU PADRE que ten previsto estrearse en 2017.

Vémonos no #queixo2017! Vémonos en #Arzúa!

By | 2017-02-01T10:35:54+00:00 24 enero 2017|Inauguración e pregón, Novas|0 Comments

Leave A Comment