OS ONUBENSES ‘DELBOSQUE’, GAÑADORES DO 9º QUEIXO MAQUETÓN

Home/Concurso Queixo Maquetón, Novas/OS ONUBENSES ‘DELBOSQUE’, GAÑADORES DO 9º QUEIXO MAQUETÓN

OS ONUBENSES ‘DELBOSQUE’, GAÑADORES DO 9º QUEIXO MAQUETÓN

A BANDA ONUBENSE ’DELBOSQUE’ GAÑA O 9º CONCURSO ‘QUEIXO MAQUETÓN’ ENTRE 44 BANDAS PARTICIPANTES DE TODA ESPAÑA

Son unha perfecta asimilación de sons de bandas imprescindibles da historia da música pero cun toque persoal que os fai moi interesantes e a ter en conta nos vindeiros anos na música indie. Actuarán o sábado 4 de marzo ás 21.30 h. dentro da 42ª Festa do Queixo, e levarán como PREMIO 1.000€ + 500€ en concepto de desprazamento e estancia.

delbosque_queixomaqueton_arzua_2017

O concurso, abría o prazo de inscrición o pasado 10 de novembro e pechábase o 20 de xaneiro. Contou como membros do xurado con: Salva Ronko, responsable Maketón 40 principales Vigo; Alex Mouriño líder de Troy, gañadores da anterior edición, e Jose Ramón Bernárdez, o responsable do propio concurso maqueteiro.

Delbosque é unha banda onubense que orbita entre o space rock, o noise e o pop-rock dos 90. Os seus inicios a finais de 2011 como banda instrumental pódense percibir no son intenso e progresivo da súa música, que mestura influenzas diversas, tanto nacionais coma internacionais, dende Los Planetas ou El Hombre Burbuja a Yo La Tengo, Sonic Youth, Luna, Spiritualized ou Radiohead.

Desde os inicios da súa andaina a banda participou en numerosos concertos e festivais. En 2015 foron gañadores do Doñana Rock Museum e en 2016 a banda gañaba o primeiro premio de Zafarraya Sound (Granada), entre máis de 40 bandas andaluzas, foi finalista de Grupo Revelación Nacional Contempopránea e agora en 2017 gañan a IX Edición do Queixo Maquetón.

Revistas e webs musicais como Rockdelux, Ruta 66, Mondosonoro, El Secreto del Olivo, Loff It (magazine de ABC), Planeta Indie, Alicante Live Music, Mi Rollo es el Indie, Las Calles del Pop, Música Crónica, La Voz Telúrica, El Ukelele, 31 Canciones o El Templete de Mina publicaron acerca da banda.

O seu disco autoproducido “Interferencias” aparece entre o mellor de 2016 en varias web como son mirolloeselindie, alicantelivemusic.blogspot.com.es ou en lasnotasdelrock.blogspot.com.es

FINALISTAS ‘QUEIXO MAQUETÓN’ 2017 | 20/01/17

By | 2017-02-01T13:10:03+00:00 23 enero 2017|Concurso Queixo Maquetón, Novas|0 Comments

Leave A Comment