
CANTANDO CON PINOCHO ● SÁBADO 5 MARZO ● 18 h ● Recinto feiral, 1º andar
“Cantando con Pinocho” é un proxecto no que A Fada de Cabelos Turquesa e Pepino, contarán o conto que enlazarán cantando en directo con acordeón e piano as cancións inéditas compostas para a obra teatral de Pinocho.
As cancións tratan os temas da liberdade, a amizade, os alimentos ou a importancia de perseguir un soño, entre outros. Abriremos unha porta a unha emocionante aventura que nos amosará un camiño cheo de sensibilidade.