Susana Rodríguez Gacio (Vigo 4/3/1988) é unha deportista campioa paralímpica de Triatlón nos xogos de Tokyo 2020 e ademais 4 veces campioa do mundo e 2 veces campioa de Europa. Con estes números é a indiscutible actual número 1 do ranking mundial. Susana, que xa fora quinta nos xogos de Río 2016, é tamén licenciada en medicina pola universidade de Santiago de Compostela e médico especialista en Medicina Física e Rehabilitación (complexo hospitalario universitario de Santiago de Compostela)
Co tempo, disciplina e moito traballo, o que comezou sendo un xogo rematou por converterse no seu modo de vida. Susana naceu con albinismo, que fai que teña un pelo e unha pel moi brancos e que a súa visión sexa bastante inferior á da maioría das persoas, unha condición xenética que afecta a unha de cada 20.000 persoas.
Susana foi portada da prestixiosa revista estadounidense Time grazas ao seu labor na loita contra o coronavirus como médico traballando en primeira liña no Hospital de Santiago. E para poñer a guinda a unha tempada tan redonda e inigualable, foi recentemente nomeada aos premios Laureus, considerados los Óscar do deporte.
Tras a inauguración oficial e o seu pregón, que darán comezo o sábado 5 de marzo ás 11:30 h, e para os que hai que reservar entrada no teléfono da Concellaría de Cultura 981500222 ou recollela de forma presencial, entregaranse os premios do concurso de tapas, concurso de carteis e Arzuán do ano 2021.
A continuación das entregas de premios terá lugar o concerto dos gañadores do concurso Queixo Maquetón, os santiagueses Sr. Salvaje. O grupo actuará no Festival do Queixo 2022 tras a inauguración e pregón e levará ademais como premio 1.300 euros.
Máis info sobre a pregoeira 2022:
Leave A Comment