Info práctica

Home/Info práctica
Info práctica 2026-02-25T01:02:50+00:00

Recomendacións antes de vir: concienciémonos un pouquiño nestas cousas… 

A festa é de tod@s, considérate pois na túa casa e goza dela respectándoa, e respectando tamén a contorna e aos demais. Se aínda non tiveches a oportunidade, dá unha volta pausada polos arredores de Arzúa, verás a beleza da nosa, da túa, terra. Bota un ollo para preparar a túa estancia sobre onde durmir ou xantar AQUÍ

Icono1

O uso do vehículo: fai un uso compartido del e ponte dacordo con alguén para vir xuntos, ou ben achégate ata a festa no trasporte público (podes ver os teléfonos abaixo).

Icono2

O aparcadoiro: atoparás aparcadoiros sinalizados nos accesos á vila; non cres que é mellor dar uns pasiños que andar dando voltas no coche botando fume (ti e o coche).

Icono3

Os aseos públicos do recinto feiral abren ata o remate dos concertos. Contan con servizo de limpeza regular, mais os usuari@s somos quen debemos preservalos. Igualmente haberá wcs portátiles no campo da feira (ver plano).

Icono4

O lixo: hai papeleiras e colectores de lixo no interior e no exterior do recinto feiral, desfaite do lixo nos lugares axeitados. Preserva o coidado de todas as zonas, prazas, rúas, xardíns…

PLANO RECINTO FEIRAL “TERRA DO QUEIXO” 2026

Como apuntarse ás actividades

Podes apuntarte aos diferentes showcookings, con inscrición de balde ata completar capacidade, en info@festadoqueixo.org

Igualmente, informarte no tfno 658811400 (coord. xeral e rrpp) ou 981 500 222 (Oficina da Concellería de Cultura, polas mañás) ou se o desexas, achegarte persoalmente (ata as 14:30 h).

Oficina da Concellería de Cultura
Dpto. de Cultura -edificio sociocultural María Mariño-
Rúa Padre Pardo, 33 1º andar (a carón de Radio Arzúa e a Biblioteca Municipal) – 15180 Arzúa

Para as actividades da EFA Piñeiral a inscrición é de balde no 981500580 ou pineiral@pineiral.es

Para o torneo Chess&Cheese podes informarte en torneos@galichess.com e na web www.galichess.com

 

+ INFO: onde xantar e durmir, como chegar

Podes consultar moita máis información no web do concello  ou ver directamente a guía de establecementos hostaleiros, onde xantar, onde durmir, etc.

fotoaerea

HORARIOS CONCERTOS FESTA DO QUEIXO 2026

Descarga o cartel do #queixo2026
Descarga o folleto coa programación completa do #queixo2026