Loading...
Feira 2026-01-14T20:40:28+00:00

DISTRIBUCIÓN PREVISTA DE STANDS NO RECINTO FEIRAL 2026

2025_plano50_festaqueixo_A4_ZONAS_FINAL_1600

VIR COMO EXPOSITOR EN 2026

2025_plano50_festaqueixo

HORARIOS 2026

SÁBADO 28 FEBREIRO

08:00 – 11.00 h: Recepción de expositores e mercadorías

11:00 – 20:30 h: Exposición e venda

DOMINGO 1 MARZO

08:30 – 10:00 h: Recepción de expositores

10:00 – 18:30 h: Exposición e venda

PRAZOS DE INSCRICIÓN #QUEIXO2026

10-30 DECEMBRO: PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O #QUEIXO2026

O prazo para participar como expositor na 51.ª Festa do Queixo, o sábado 28 de febreiro e domingo 1 de marzo de 2026 é do 10 ao 30 de decembro de 2025.

Se es unha queixería e queres ocupar un stand dentro do Recinto feiral “Terra do Queixo” en 2026, achéganos un correo a info@festadoqueixo.org e informarémoste de todo.

O prazo para os expositores multisectoriais no exterior do recinto abrirase a partires do 15 de xaneiro de 2026.

15 – 30 DE XANEIRO 2026: PRAZO DE SOLICITUDE DE INSCRICIÓN POSTOS NO EXTERIOR #QUEIXO2026

Se queres ocupar un posto exterior ou vir cunha food truck durante o #queixo2026, o sábado 28 de febreiro e domingo 1 de marzo, achéganos un correo a info@festadoqueixo.org e informarémoste de todo. O prazo para solicitar espazo na vúa pública os expositores multisectoriais no exterior do recinto é do 15 de xaneiro ás 09:00 ao 30 de xaneiro ás 00.00 h.

Queixeamos? Pide máis info en

Descarga aquí a ficha para cubrir e solicitar o teu posto