10 – 30 DE DECEMBRO 2025: PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O #QUEIXO2026
Plano previsto Recinto feiral “Terra do Queixo” 2026
Horarios Recinto feiral “Terra do queixo” 2026
SÁBADO 28 FEBREIRO
08:00 – 11.00 h: recepción de expositores e mercadorías
11:00 – 20:30 h: exposición e venda
DOMINGO 1 MARZO
08:30 – 10:00 h: recepción de expositores
10:00 – 18:30 h: exposición e venda
* O venres 27 desde as 16 h poderanse recibir mercadorías e realizar a súa colocación no stand asignado
10-30 DECEMBRO: PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O #QUEIXO2026
O prazo para participar como expositor na 51.ª Festa do Queixo, o sábado 28 de febreiro e domingo 1 de marzo de 2026 é do 10 ao 30 de decembro de 2025.
Se es unha queixería, ou outro produto, e queres ocupar un stand dentro do Recinto feiral “Terra do Queixo” en 2026, achéganos un correo a info@festadoqueixo.org e informarémoste de todo.
Queixeamos?
- info@festadoqueixo.org ou cultura@concellodearzua.com, co asunto “CONSULTA EXPOSITOR”
- 658811400 / 981500222
O prazo para os expositores multisectoriais no exterior do recinto abrirase a partires do 15 de xaneiro de 2026.
15 – 30 DE XANEIRO 2026: PRAZO DE SOLICITUDE DE INSCRICIÓN POSTOS NO EXTERIOR #QUEIXO2026
Se queres ocupar un posto exterior ou vir cunha food truck durante o #queixo2026, o sábado 28 de febreiro e domingo 1 de marzo, achéganos un correo a info@festadoqueixo.org e informarémoste de todo. O prazo para os expositores multisectoriais no exterior do recinto abrirase a partires do 15 de xaneiro de 2026 ás 09:00h.
Queixeamos?
- info@festadoqueixo.org ou cultura@concellodearzua.com, co asunto “CONSULTA POSTO EXTERIOR”
- 981500222 (mañás) ou 658811400


