Concurso Queixo Maquetón

Home/Concursos/Concurso Queixo Maquetón
Concurso Queixo Maquetón 2024-02-20T23:20:26+00:00
BASES 2024 EN CASTELÁN
BASES 2024 EN GALEGO

CONTACTO: proxectoqueixomaqueton@gmail.com

Podedes tamén contactar, ver e escoitar a todos os grupos presentados no Facebook do Queixo Maquetón e no Twitter @QueixoMaqueton.

No Youtube da festa tedes o resumo das últimas edicións. Vémonos no #Queixo2024.

Vémonos en #Arzúa!

GAÑADOR 14.ª EDICIÓN (2023): APART (Carballo)

Os carballeses ’Apart’ gañaron o concurso ‘Queixo Maquetón’ O grupo leva como premio 1.300 € e actuará no Festival do Queixo o sábado 4 de marzo dentro desta 48.ª edición da Festa do Queixo.

O quinteto de Carballo convértese no gañador da 14.ª edición do concurso para grupos noveis, relevando no posto aos santiagueses Señor Salvaje. Defínense como unha banda de rock influenciada polos sons máis 70s e incorporan sutís detalles de soul e disco nas súas cancións. Cunha visión actual, modernizan un estilo baseado en riffs de guitarra e melodías vocais, facendo vibrar ao público desde os primeiros minutos.

Apart nace en 2014 cando Inés Blanco regresa duns anos en Berlín, coñece ao resto da banda e xuntos deciden iniciar un proxecto musical que perdurará ata a actualidade. “We Want It All” é o título do último traballo da banda. O álbum trata de poñer en valor todo aquilo que nos une, mesmo cando as circunstancias nos manteñen separados. Todos os temas deste proxecto lanzáronse como singles e están acompañados de videoclips orixinais. As sesións comezaron en 2020 nos estudos Nakra da Coruña. Os temas foron masterizados por Robin Schmidt, quen traballou con bandas como The Black Keys e Mumford & Sons.

O seu primeiro escenario foi o festival carballés Rockin’ 2014. Un ano despois, en 2015 proclamáronse gañadores do festival “Dando a Lata”. Para a presentación de We Want It All a banda volveu aos directos no verán de 2021, xunto a M-Clan dentro do ciclo Orballo Cultural. Durante o inverno levaron o seu novo traballo por diferentes salas de Galicia, con moi boa acollida en todas elas. Entre as citas estivais de 2022 destacan o Caudal Fest, Feito A Man ou Rueiros da Vila.

Podedes escoitalos en:

https://www.youtube.com/channel/UCVTQnzFa0Y6CTcMwubovYDA

Noticias Relacionadas

ABERTO O PRAZO DO CONCURSO QUEIXO MAQUETÓN 2024

7 diciembre 2023|0 Comments

Arzúa lanza o concurso de grupos noveis “Queixo Maquetón”. O grupo gañador abrirá a Festa do Queixo 2024. Hoxe xoves 7 de decembro o Concello de Arzúa anunciou as bases do 15.º concurso [...]

ABERTO DO PRAZO DO CONCURSO QUEIXO MAQUETÓN 2023

18 noviembre 2022|0 Comments

Arzúa lanza o concurso de grupos noveis “Queixo Maquetón”. O grupo gañador abrirá a Festa do Queixo 2023. Hoxe venres 18 de novembro o Concello de Arzúa anunciou as bases do 14.º concurso [...]

OS SANTIAGUESES ’SR. SALVAJE’ GAÑAN O CONCURSO QUEIXO MAQUETÓN 2022

27 enero 2022|0 Comments

O grupo actuará no Festival do Queixo 2022 o sábado 5 de marzo ás 12 h tras a inauguración e pregón da 47ª Festa do Queixo, e levarán como premio 1.300 €. O trío de [...]

Anteriores Gañadores

13ª EDICIÓN (2022): SR. SALVAJE  (Santiago)

O trío de Santiago de Compostela “Sr. Salvaje, convértese no gañador da 13ª Edición do Queixo Maquetón, o concurso para grupos noveis, relevando no posto aos bilbaínos Capitán Elefante, nunha edición que chegou a 22 bandas presentadas chegadas desde gran parte das comunidades do Estado.

Sr. Salvaxe é un proxecto formado por Guillermo Vistoso (guitarra e voz) Antón Torroncho (baixo) e Emilio Iniesta (batería) que xorde no verán de 2019. Rock& Roll tradicional, con toques hard que é fiel herdanza da bagaxe musical do país.

Tras editar o e. p. «III » (Rock Cd Records, 2020), en xullo de 2021 publican o primeiro adianto do seu próximo traballo discográfico en forma de videoclip: «Miss Fortuna». O clip está dirixido, gravado e editado por TambouraFilms e Pixelecer, coa dirección artística de Olalla Tesouro e como é habitual con esta banda, con Iago Pico na produción musical, gravación, mestura o grupo atópase en proceso de composición e gravación do seu primeiro  LP que verá a luz a finais de 2022.

Podedes escoitalos en:

12ª EDICIÓN (2020): EL CAPITÁN ELEFANTE

O cuarteto de Bilbao El Capitán Elefante, convértese no gañador da 12ª edición do Queixo Maquetón. É o proxecto dunha banda cunha forte personalidade e un directo moi potente. O seu último disco «Electroconfort» afianza ó grupo no seu particular son, a veces máis rock e a veces máis melódico, pero sempre movéndose na estraña atmosfera que crean utilizando pinceladas de sons sintéticos, onde prevalecen estribillos pegadizos e ritmos irresistibles para non parar de bailar, con guiños ó rock máis potente. Un álbum pensado para xente sen prexuizos á hora de escoitar música e tamén para o desfrute dos amantes do panorama power-pop/indie-rock nacional.

Ademais de “Electroconfort”. El Capitán Elefante. teñen publicados dous discos máis «Nuevas Coordenadas» en 2012 e “Un Millón de Hombres” de 2017 xunto co EP «Agoraphobia» de 2015. Compartiron cartel con históricos da música nacional e o seu nome figurou na nómina de artistas en festivais como o Sonoraza Ribera, Ebrofest ou o Basquefest de Bilbao.

Podedes  escoitalos en:

https://open.spotify.com/artist/0ThpJ466kECUzhOBLe40T2?fbclid=IwAR0mY-hKPUanz9Bp8kCI-Y_wwUPzdJV-RTnhZfxPBCw431jiJvdNTvWLqtk

delbosque.bandcamp.com/album/interferencias

11ª EDICIÓN (2019): INERTTES

O cuarteto vigués “INERTTES” foi o gañador da 11ª edición do concurso “Queixo Maquetón”. Nacen en Vigo a finais de 2004 e sacan o seu primeiro disco en 2008. Este EP “Starpez” permítelles facerse co “Maketón Estrella Galicia” de ese ano e chegar a finais de diversos concursos a nivel estatal, así como formar parte dun recompilatorio de música emerxente de fala hispana editado en Lima (Perú).  En 2012 sacan “Dosmildoce” coa produción de Paco Serén, que lles permite xirar Galicia e expandir a súa música fora da comunidade. Desde entón deciden traballar, por un tempo, co modelo de presentación de videosingles, con temas representativos como “La Clave” ou “Bombones de Cereza” co que gañan o concurso “Primavera do Cine”.

Xa en 2016 a banda trasládase a “Gárate Estudios” en Gipuzkoa para gravar con Paco Serén e Mikel Krutzaga o seu último disco “Zona 16mm” co que comezan unha xira que conta con máis de 30 concertos por toda España e que os confirman como unha das bandas máis potentes do panorama galego e español.

delbosque.bandcamp.com/album/interferencias

10ª EDICIÓN (2018): NO CRAFTS

No Crafts fórmase no verán de 2015, e con só dous anos de actividade conseguiron chamar a atención de prensa e medios tanto nacionais como internacionais. Crean unha mestura de garaxe e rock alternativo cun toque post punk fresco e moi persoal. O grupo formado por Carlos Núñez á voz e a guitarra, Angel Hontecillas ao baixo, sintetizador e coros e Celia Juárez á voz e batería veñen tamén de gañar en maio a primeira edición do concurso de bandas emerxentes do festival Anfirock-Isla Cristina de Sevilla tras impoñerse na final a Telephants e Error 6.

+info: https://nocrafts.bandcamp.com/album/no-arts-no-crafts

delbosque.bandcamp.com/album/interferencias

9ª EDICIÓN (2017): DELBOSQUE

Delbosque é unha banda onubense que orbita entre o space rock, o noise e o pop-rock dos 90. Os seus inicios a finais de 2011 como banda instrumental pódense percibir no son intenso e progresivo da súa música, que mestura influenzas diversas, tanto nacionais coma internacionais, dende Los Planetas ou El Hombre Burbuja a Yo La Tengo, Sonic Youth, Luna, Spiritualized ou Radiohead.Desde os inicios da súa andaina a banda participou en numerosos concertos e festivais. En 2015 foron gañadores do Doñana Rock Museum e en 2016 a banda gañaba o primeiro premio de Zafarraya Sound (Granada), entre máis de 40 bandas andaluzas, foi finalista de Grupo Revelación Nacional Contempopránea e agora en 2017 gañan a IX Edición do Queixo Maquetón. Revistas e webs musicais como Rockdelux, Ruta 66, Mondosonoro, El Secreto del Olivo, Loff It (magazine de ABC), Planeta Indie, Alicante Live Music, Mi Rollo es el Indie, Las Calles del Pop, Música Crónica, La Voz Telúrica, El Ukelele, 31 Canciones o El Templete de Mina publicaron acerca da banda. O seu disco autoproducido “Interferencias” aparece entre o mellor do ano 2016 en varias web como son mirolloeselindie, alicantelivemusic.blogspot.com.es ou en lasnotasdelrock.blogspot.com.es

delbosque.bandcamp.com/album/interferencias

8ª EDICIÓN (2016): TROY

Troy nace en 2006 en Vigo da man do seu vocalista Alex McClure. As súas coidadas composicións e arranxos converten a Troy nunha banda de gran proxección estatal, encadrada no Pop Indie en inglés, comparados frecuentemente con grupos como Nada surf, The Rentals ou Sexy Sadie. Co seu traballo «It´s time to shine» alcanzan a madurez. Baixo a produción de Carlos Hernández (Los Planetas, Triángulo de Amor Bizarro, Pereza, etc) e a colaboración de Paco Serén (Los Piratas) no cortes «Ely» y «Atmosphere», Troy decanta a súa esencia. A potente sección rítmica enmarca oito composicións pop aderezadas con sintetizadores.

troymusicband.bandcamp.com/releases

7ª EDICIÓN (2015): FOO

Gañadores do Concurso ‘Queixo Maquetón’. Aires guitarreiros dos 90, a súa frescura, versatilidade. Transmiten a orixinal mistura de influenzas que se perciben desde o post rock ao rock desenfadado dos 90 con coqueteos co indie actual, pero sen chegar a soar convencional. Ademais, con temas optimistas sen caer en atmósferas pesadas e demasiado pomposas. Augurámoslle percorrido e un extraordinario concerto en Arzúa. Son a lembranza do trepidante ritmo e son eléctrico dos 90. Desenfreo de frescura e variedade nun mundo de cavernas. Son dous irmáns e compañeiros na súa Lleida natal. Os máis de 50 concertos no último ano e medio e a súa marcada actitude no escenario convértenos nunha das bandas con máis proxección do panorama underground.

fooband.bandcamp.com

6ª EDICIÓN (2014): THE WINNING NUMBERS

O grupo da Guarda ‘The Winning Numbers’ foi o gañador da VI Edición do Concurso de Maquetas ‘Queixo Maquetón de Arzúa. Este ano bateu por sexto ano consecutivo todas as marcas de participación, ao presentarse 263 bandas chegadas dende todas as comunidades autónomas do Estado. Son un grupo con claras influenzas pop sixties con referentes claros e tan clásicos como poden ser The Beatles, The Kinks ou The Remains. A banda nace en 2009 e desde ese momento lánzanse a composición sen complexos, tratando de abarcar todos os públicos posibles con temas de calidade, melodías pegadizas e un ritmo desenfreado que invita a bailar. Unha parte esencial para a banda son os seus directos, neles interpretan do xeito máis fiel as súas cancións, resultando un show ameno e divertido, con momentos álxidos, bailables, emotivos, coreables… xunto cunha posta en escena do máis acorde co seu estilo musical.

The Winning Numbers When She Was Sixteen (Video Oficial)
http://www.youtube.com/watch?v=NEq46njWTDk

5ª EDICIÓN (2013): GIMNÁSTICA

Gimnástica nace en Alicante durante o 2012 e esta composta por Juanma (Voz), Lucas (guitarra e coros) Dani (Baixo e coros), Manu (Guitarra) e Elías (Batería). Xorde como consecuencia da evolución dun proxecto anterior chamado Inquiro co que gravaron 2 discos e realizaron preto de 200 concertos. Beben directamente de fontes internacionais como Strokes, Phoenix ou Artic Monkeys sen deixar de lado matices do pop español, combinando arranxos electrónicos con ritmos máis contundentes. En 2012 Ximnástica grava Paracaidismo baixo a produción de Pachi García (Alis) en Alisrecord. Un disco de 10 cortes enérxicos e bailables. Esta á espera de editarse e sairá á venda en 2013, cunha xira de presentación pola xeografía española. O disco contén letras en castelán de diversos temas con tinguiduras viscerais. A pesar de non editar Paracaidismo, actuaron na no Low cost Festival 2012 (Red Bull Tour Bus)

4ª EDICIÓN (2012): BERLINA

Berlina (Madrid), é unha banda de indie rock shoegaze formada en 2008 e que ten na actualidade dous Lp´s autoproducidos ‘Anverso’ (2009) e ‘Parcialmente Despejado’ (2012). Entre os seus logros está ser seleccionados para o prestixioso festival Lemon Pop en 2008, semifinalistas do Demonova 2009 ou un segundo posto no Festival de Música Joven ‘Ciudad de Ávila’. Texturas ambientais e psicodelia, como base do seu son, Berlina aposta agora polo castelán en letras cun trasfondo máis elaborado. Sen esquecer o pop delicado que caracterizou á banda, aparecen agora cun son máis sucio nas guitarras e liñas máis potentes de batería que lles fai soar máis potentes nos seus directos!

3ª EDICIÓN (2011): ZAPATOTIPOBOTA

Desde Euskadi chegan Zapatotipobota, un proxecto formado por Vallejo, Javi, María e Leta batería de El Inquilino Comunista e We Are Standard e que eles mesmos denominan indietronic con guitarras rockeiras ao estilo Ira Kaplan ou J. Mascis e voz rasgada. Foron finalistas do XXII Villa de Bilbao e andan preparando o seu primeiro traballo.

www.myspace.com/zapatotipobota

2ª EDICIÓN (2010): BELOP

En 2006 empezaron a hablar sobre la idea de crear una banda ya que cada vez que se reunian los temas de conversación derivaban en lo que más les gusta: La música. Así, en Diciembre del 2007 comenzó BELÖP.  La banda está formada por Fabio (voz y guitarra), Calia (batería y coros) y David (bajo y coros. Después de cosechar una buena acogida en Internet y de presentarla dentro y fuera de la geografía gallega, hacen un parón después de la temporada estival dedicándose por entero a la composición.Después de un año comienzan en diciembre la pregrabación de 3 temas en calidad maqueta de lo que será su primer trabajo serio “ Dancing with a purple octopus”. Galardonado co Maketón estrella Galicia dos 40 principais como mellor maketa de 2009.

1ª EDICIÓN (2009): ERIC BONAFONTE

Cidadán do mundo, feito a se mesmo, home orquestra e escritor de cancións, o nome de Eric Bonafonte sempre estivo ligado á música. Disolto o seu último grupo, Eric involúcrase nun proxecto absolutamente íntimo. Dá renda solta as súas musas, ou zorras, segundo o caso, para crear unha colección de cancións nas que escribe, toca todos os instrumentos, canta e produce na súa totalidade. A súa idea é facer música sincera, sen artificios, e demostrar ao mundo que dunha habitación de 15 metros cadrados pode saír algo realmente belo que compita coas grandes producións musicais no panorama musical actual. Músicos como David El Indio, Vetusta Morla, ou Juan Francisco Arribas “Kiwi” teñen colaborado no seu proxecto musical.