PRESENTADO O PLAN DE SEGURIDADE DO #QUEIXO2024

Home/Novas/PRESENTADO O PLAN DE SEGURIDADE DO #QUEIXO2024

PRESENTADO O PLAN DE SEGURIDADE DO #QUEIXO2024

Esta mañá tivo lugar a Xunta Local de Seguridade da Festa do Queixo, presidida por María Rivas, subdelegada do Goberno, na que participaron, xunto aos representantes da Garda Civil e Policía Local e a Secretaría da  Subdelegación do Goberno:

  • Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa
  • José Luís García, concelleiro de Cultura
  • Begoña Balado, concelleira de Turismo
  • Marcos Pampín, técnico de Cultura do concello
  • Alfonso Alcalá, Secretario do concello
  • Adrián Gonçalves, director do CIM Arzúa
  • Ángel Dieste, xefe seguridade Mk Norte
  • Vicente González, coordinador de seguridade
  • Alberto Alfonso, director do festival do queixo
  • Ramón Roldán, coordinador e resp. comunicación

Tanto a propia Subdelegada como os mandos da Garda Civil puxeron en valor o bo facer da organización da festa en canto a medidas de seguridade e prevención para o éxito do evento, que se reflicten no Plan de Autoprotección presentado esta mañá, considerando a Arzúa un referente a seguir para toda Galicia e destacándoa como un «concello seguro».

O sistema de seguridade que controlará o bo desenvolvemento da festa esta fin de semana, estará conformado, ademais de polas FFCCSSEE, por seguridade privada exterior e interior do recinto onde se celebra o festival, que é de acceso gratuíto ata completar a capacidade do campo da feira, de 3.300 persoas.
A apertura de portas o sábado 2 terá lugar ás 21 h e o domingo ás 17.30 h.

By | 2024-02-28T19:59:15+00:00 28 febrero 2024|Novas|0 Comments

Leave A Comment