O QUEIXO 2023 XA TEN CARTEL

Home/concurso de carteis, Novas/O QUEIXO 2023 XA TEN CARTEL

O QUEIXO 2023 XA TEN CARTEL

A Festa do queixo de Arzúa xa ten cartel anunciador para 2023

Onte tivo lugar en Arzúa a votación do CONCURSO DE CARTEIS da 48.ª Festa do Queixo, Arzúa 2023. Recibíronse un total de 21 propostas desde toda Galicia do resto do Estado. Gañou o primeiro premio, de 600 euros, o pintor e deseñador compostelán Ramón Rivas. As outras tres das catro obras premiadas proceden de fóra da comunidade.

O xurado concedeu 9 puntos e o primeiro premio á peza nº 4 titulada “Versión Libre, 2023 da queixeira de Arzúa (escultura)” do creativo santiagués Ramón Rivas. Esta obra será o cartel anunciador da 48.ª Festa do Queixo.O xurado valorou a súa especial integración coa vila, xa que se trata dunha reinterpretación da tradicional escultura que se atopa esculpida en pedra na Praza de Galiza, no centro urbano, neste caso como unha estrela do rock, en pe, e poñendo en valor a parte musical do evento, o festival do queixo. Pode apreciarse claramente a figura da queixeira erguida, con xesto de seguridade, e portando neste caso unha guitarra eléctrica amarela.

O segundo premio foi para Bilbao, o terceiro para Murcia e o cuarto, correspondente á votación popular, para Guipúkcoa.

2º PREMIO: 300 €

 CARTEL Nº 1 “O que esconde o queixo”

AUTORA: BEGOÑA FAÍLDE BLANCO (Bilbao)

“Non é un segredo que a festa do queixo sexa só queixo. Hai moito máis e iso é o que tentei recoller nesta peza: música, gastronomía, tradición, folclore… Un abanico de actividades para todos os públicos.”

3º PREMIO: 100 €

CARTEL Nº 28 “Círculos”

AUTOR: RUBÉN LUCAS GARCÍA, Torreaguera (Murcia)

“Xoga coa simetría dos círculos e representa o queixo de forma conceptual e tamén parte fundamental do festival, a música galega. Tamén s fai referencia á muller e home galegos, poñendo en primeiro principio á muller moi suave, aportando un concepto  moderno en igualdade de xénero e amosando a importancia que ten a muller na sociedade actual. Unha obra clara, limpa e de algo contido conceptual”

4º PREMIO – por votación popular-:  agasallo especial “Festa do Queixo”

CARTEL Nº 20 “Sen título”

elixido por votación popular o pasado venres 17, cun total de 9 votos sobre 46 papeletas.

AUTORA: LAURA SANZ FERNÁNDEZ Ordizia, (Guipúkoa)

“Para el cartel he utilizado arcilla polimérica para la creación de la vaca, dándole asíl a importancia que merece para este evento, ya que sin nuestras vacas sería imposible elaborar este tipo de queso.“

A votación do xurado tivo lugar o luns 19 de xaneiro na Capela da Madanela de Arzúa, e o 4º premio foi elixido por votación popular en Arzúa, o pasado venres 16 de decembro.

Todos os carteis estarán expostos de 18:30 a 20:30 h ata o 23 de decembro de 2022 e os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 2023 (as datas e horarios poden sufrir lixeiras modificacións, que se actualizarán nestas bases e noutros soportes, web, rrrss, etc). A entrega de premios terá lugar no acto inaugural, o sábado 4 de marzo de 2023.

By | 2022-12-27T12:36:05+00:00 19 diciembre 2022|concurso de carteis, Novas|0 Comments

Leave A Comment