Hoxe tivo lugar na queixería Verbas de Arzúa, a presentación para os medios do programa completo da 47ª Festa do Queixo.
Máis de 60 expositores esgotando todas as prazas dispoñibles no Recinto Feiral ‘Terra do Queixo’
2 días de concertos de balde baixo carpa, con moitas novidades e previa reserva de entrada desde o martes 22/02
Interviron:
– José Luís García, alcalde do Concello de Arzúa
– Aurora Varela, concelleira de Cultura, Educación e Participación veciñal do Concello de Arzúa
– Pilar Castro, socia da queixería Verbas
Ao remate servíronse uns petiscos elaborados polo restaurante arzuán Casa Chelo e agasallouse aos medios cun queixo ecolóxico da queixería anfitrioa do acto.
Descarga a NOTA DE PRENSA DA PRESENTACIÓN
Descarga o FOLLETO COA PROGRAMACIÓN DO #QUEIXO2022
Descarga do DOSSIER COMPLETO DO #QUEIXO2022
Leave A Comment