BASES CONCURSO CARTEIS 2017

Home/concurso de carteis, Novas/BASES CONCURSO CARTEIS 2017

BASES CONCURSO CARTEIS 2017

1º- O orixinal deberá estar acoutado a unha medida entre 30×40 e 70x100cm. Cada autor/a poderá participar cun máximo de 3 traballos, con material e técnica libres, manual, mecánica ou dixital, sempre que estes sexan orixinais.

2º- A obra debe presentarse impresa, sen sinatura de autor/a, que limitará a súa identificación a un lema ou ao título da peza. Debe acompañarse dun sobre pechado cunha copia da obra en formato dixital -CD/USB-, unha breve explicación, e os seguintes datos: nome, apelidos, D.N.I., idade, profesión, enderezo, teléfono e correo electrónico. Recoméndase presentar o traballo sobre soporte ríxido de cartón pluma ou similar.

3º- O xurado valorará especialmente: a creatividade do arte final, o impacto visual e a relación coa filosofía do evento. Terá tamén en conta a versatilidade e potencialidade para crear futuras aplicacións gráficas (nas que se engadirá en texto o programa do Festival do Queixo e outros ítems). Os queixos que formen parte da imaxe -no seu caso- deberán respectar a morfoloxía lenticular do queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa. Deberá figurar o texto “42ª FESTA DO QUEIXO. Arzúa, 3, 4, 5 marzo de 2017”. No caso de empregar algunha imaxe ou marca que non sexa propiedade do autor/a, deberase xustificar a compra dos dereitos (excluiranse de concurso as obras con imaxes procedentes de internet protexidas por dereitos de autor).

4º- PRAZO: os orixinais deberán recibirse antes do luns 5 de decembro de 2016 ás 14 h., na Oficina da Concellaría de Cultura do Concello de Arzúa -Rúa Pai Pardo 33, 1º. 15810 Arzúa- (edif. sociocultural María Mariño, a carón de Radio Arzúa e Biblioteca Municipal).

5º- A elección dos premiados realizarase na Capela da Madanela de Arzúa, o luns 12 de decembro de 2016 ás 14 h. mediante valoración dun xurado cualificado designado polo Concello, agás a do 4º premio, que será elixido por votación popular o domingo 11 de decembro, entre as 12h e as 14h. O sobre co gañador deste 4º premio permanecerá pechado ata o luns 12, para entrar tamén na votación final do xurado.

6º- Todas as pezas estarán expostas na Capela de Madanela, de 19h a 21h. Do 12 ao 16 de decembro e o 4, 5 e 6 de xaneiro de 2017, así como nas datas da festa (as datas e horarios poden sufrir lixeiras modificacións, que se actualizarán nestas bases e noutros soportes, web, redes sociais, etc). A obra elixida como 1º premio será o cartel anunciador da 42ª edición. A entrega de premios terá lugar no acto inaugural da 42ª Festa do Queixo, o sábado 4 de marzo de 2017 (Recinto feiral ‘Terra do Queixo’, 13h).

7º- Os 4 orixinais premiados e os seus dereitos de imaxe pasarán a ser propiedade do Concello de Arzúa, que poderá reproducilos, modificalos e aplicalos a distintos formatos e soportes sen autorización do/a autor/a. Os orixinais non premiados poderán recollerse na Concellaría de Cultura ata 60 días despois do evento. Cada gañador só pode levar un único premio, no caso de pertencer ao mesmo autor/a varias pezas premiadas, o premio pasa ao seguinte cartel con maior nº de puntos.

8º- A Organización resérvase o dereito a deixar baleiros os premios, así como a rexeitar para concurso calquera peza que considere, ou que non se axuste ás presentes bases. As súas decisións serán inapelables.

bases_premios_trazOK

By | 2017-02-01T13:10:41+00:00 21 Octubre 2016|concurso de carteis, Novas|0 Comments

Leave A Comment