clics co queixo
logo twitter logo blogger logo facebook
galego | español | english

Loading

a festa do queixo

Este 2010 cumprimos 35 anos, celebrando ininterrompidamente a Festa do Queixo desde 1975.

Ofrecémosvos gastronomía e cultura durante os días 5, 6 e 7 de marzo. Convidamos aos veciños a participar e aos visitantes a nós coñecer. Esperamos que a desfrutedes. Sede benvidos.

o queixo

Producido artesanalmente durante séculos, a partir dos 80 a modernización da industria queixeira produce máis e mellores queixos. Hoxe é a nosa principal actividade económica.

O queixo con denominación de orixe Arzúa-Ulloa é un produto versátil. Descubre o seu potencial na cociña.

programación cultural

Durante tres días poderás desfrutar do concurso de tapas e petiscos, obradoiros, espectáculos audiovisuais, teatro, circo e, como non, da música do Festival do Queixo.

información práctica

Poñemos á vosa disposición mapas, transporte público, teléfonos e ligazóns de utilidade para poderdes planificar a vosa visita.

prensa

Os medios de comunicación e todos os interesados dispoñedes aquí do dossier 2010, notas de prensa, material gráfico e contactos dos responsables de prensa e organización/rr.pp.