Info práctica

Home/Info práctica
Info práctica 2025-02-11T13:07:35+00:00

Recomendacións antes de vir: concienciémonos un pouquiño nestas cousas…

A festa é de tod@s, considérate pois na túa casa e goza dela respectándoa, e respectando tamén a contorna e aos demais. Se aínda non tiveches a oportunidade, dá unha volta pausada polos arredores de Arzúa, verás a beleza da nosa, da túa, terra.

Bota un ollo para preparar a túa estancia sobre onde durmir ou xantar AQUÍ

O uso do vehículo: fai un uso compartido del e ponte dacordo con alguén para vir xuntos, ou ben achégate ata a festa no trasporte público (podes ver os teléfonos abaixo).

O aparcadoiro: atoparás aparcadoiros sinalizados nos accesos á vila; non cres que é mellor dar uns pasiños que andar dando voltas no coche botando fume (ti e o coche).

Os aseos públicos: os aseos do recinto feiral abren ata o remate dos concertos. Contan con servizo de limpeza regular, mais os usuarios somos os que debemos preservar o seu coidado.

O lixo: hai papeleiras e colectores de lixo no interior e no exterior do recinto feiral, desfaite do lixo nos lugares axeitados. Preserva o coidado de todas as zonas, prazas, rúas, xardíns…

PLANO RECINTO FEIRAL «TERRA DO QUEIXO» 2025

Como apuntarse ás actividades

Todas as actividades son de balde. Podes apuntarte e informarte (dependendo da actividade) chamando ao 981 500 222 (Oficina da Concellería de Cultura) ou se o desexas, achegarte persoalmente (ata as 15 h).

Oficina da Concellería de Cultura
Dpto. de Cultura -edificio sociocultural María Mariño-
Rúa Padre Pardo, 33 1º andar (a carón de Radio Arzúa e a Biblioteca Municipal) – 15180 Arzúa

Para as actividades da EFA Piñeiral a inscrición é de balde no 981500580 ou pineiral@pineiral.es

Para o torneo Chess&Cheese podes informarte en torneos@galichess.com e na web www.galichess.com

 

+ INFO: onde xantar e durmir, como chegar

Podes consultar moita máis información no web do concello  ou ver directamente a guía de establecementos hostaleiros, onde xantar, onde durmir, etc.

HORARIOS CONCERTOS FESTA DO QUEIXO 2025 (EN BREVE)

DESCARGA A PROGRAMACIÓN DO #QUEIXO2025 (EN BREVE)

Descarga o cartel 2024
Descarga o folleto 2024 coa programación
Descarga o dossier de prensa 2024 completo