clics co queixo
logo twitter logo blogger logo facebook
galego | español | english
Inicio > Programación

Programación

Aqui atoparedes as distintas actividades organizadas para os días 5, 6 e 7 de marzo de 2010.

icona queixo o queixo
icona músicamúsica
icona obradoiroobradoiro
icona entretenementoentretenemento

Venres 5

icona queixo

IV Concurso de tapas e petiscos «Festa do Queixo»

Os locais participantes ofrecerán durante todo o día os petiscos presentados ao concurso

icona música

Noite de troula coa rondalla Moraima

Nos locais de hostalaría, rúas e prazas de Arzúa

Sábado 6

icona queixo

11.00 h. APERTURA RECINTO FEIRAL TERRA DO QUEIXO

Exposición “Concurso de cartaces 35ª Festa do Queixo” (1º andar)

Ao longo da mañá, pasarrúas a cargo do grupo de gaitas: “As sobreiras do Ulla”. Ao longo do día, concurso “foto da festa do queixo”.

icona obradoiro

Intervención Artística «Obradoiro de Graffiti»

11.00-19.00 h. | Campo de fútbol

Dous monitores de grafitti, dirixirán un obradoiro para a mocidade que desexe desenvolver a súa creatividade na parede. Actividade para maiores de 14 anos.Inscrición de balde no teléfono 981 500 222.

icona entretenemento

A Caixiña dos Mistos

11.00-13.00 h. | Campo da feira

Proxección de cinema infantil e actividades lúdicas e didácticas arredor das películas. Actividade para menores de 14 anos.

icona queixo

INAUGURACIÓN E PREGÓN

13.00 h. | Recinto feiral

Entrega de premios “Concurso de cartaces Festa do Queixo”.

Pregón: Sechu Sende, escritor e poeta.Premio Blanco Amor coa novela Orixe (2003). Premio Anxel. Casal ao Mellor Libro do Ano Made in Galiza (2007).

Actuación coro: “Alba Lírica Gospel” (Madrid)

icona obradoiro

Obradoiro stop-motion

16.00-20.00 h. | Recinto feiral

Creación audiovisual para os máis cativos, coa técnica de stop-motion con plastilina. Os participantes levarán un DVD.

icona música

Pasarrúas grupo de gaitas “As sobreiras do Ulla”

16.30 h. | Nas rúas da vila
icona música

FESTIVAL DO QUEIXO

Buscas información ampliada sobre o Festival do Queixo?

18.00 h. | Praza da Galiza | Actuación dos grupos finalistas do Queixo Maquetón

21.30 h. | Campo da feira | Second

23.30 h. | Campo da feira | «rinôçérôse»

01.30 h. | Praza da Galiza | Actuación dos grupo gañador do Queixo Maquetón

Domingo 7

icona queixo

10.00 h. APERTURA RECINTO FEIRAL TERRA DO QUEIXO

Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas: “Reviravolta”

icona queixo

Cata comentada de queixo con mel e outros produtos da colmea

11.00-18.00 h. | Feira do gando S/N, Santa María

Organizado polo Centro de Interpretación do Mel e do Queixo. Máis información no 981 508 142.

icona música

Concerto «Alba Lírica Gospel» (Madrid)

11.30 h. | Praza de Galiza
icona queixo

Degustación popular de queixo

13.30 h. | Recinto feiral

En colaboración co C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa

icona queixo

Pasarrúas grupo de gaitas «Reviravolta»

16.00 h. | Nas rúas da vila
icona música

Festa e música «Compañía Gostoso Pa +»

17.00 h. | Nas rúas da vila

Percusionistas daquí e dalá (galegos e sudamericanos) decididos a levar o ritmo cunha interesante mestura animación de carácter visual e auditiva, que non deixará indiferente pola mestura especial de música, circo e FESTA.

icona entretenemento

Galiza Pulgas Circus: circo de pulgas d@s irmaos Carruselo

17.00 h. | Recinto feiral (1º andar)

As pulgas deste espectáculo foron domadas durante un longo período de tempo seguindo a tradición galega dos máis prestixiosos domadores de pulgas na que non se emprega ningún tipo de maltrato aos animais. Aforo máximo 30 persoas (pase 1: 17h. – pase 2: 18.15h.). Idade óptima de 3 a 9 anos.

icona música

FESTIVAL DO QUEIXO

Buscas información ampliada sobre o Festival do Queixo?

19.00 h. | Praza da Galiza | Anxo Lorenzo

21.00 h. | Praza da Galiza | Mutenrohi