Onte xoves 21/11/19 estivemos no CES –Consello Económico e Social de Galicia- en Santiago de Compostela. O acto estivo presidido por Nava Castro, directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Eduardo Ramonde, Secretario Xeral da FEGAMP e Jose Luís Maestro, director de Competitividade.
O alcalde de Arzúa, Jose Luís García e Ramón Roldán, responsable de comunicación da festa, asistiron ao CES xunto cos varios representantes de diferentes concellos galegos, para escoitar e participar das novas iniciativas a futuro dos organismos oficiais sobre a conveniencia de redactar un acordo marco co obxectivo de homoxeneizar a normativa, criterios estéticos e organizativos nas 125 festas declaradas actualmente de interese turístico galego. O obxectivo é dinamizar, mellorar a calidade, a promoción, imaxe, sinalización, o control do cumprimento da regulación sanitaria de etiquetaxe de produtos, etc e favorecer así a identificación dos eventos entre o público galego e calquera visitante.
Leave A Comment