PRESENTACIÓN DA 43ª EDICIÓN #QUEIXO2018

Home/Novas/PRESENTACIÓN DA 43ª EDICIÓN #QUEIXO2018

PRESENTACIÓN DA 43ª EDICIÓN #QUEIXO2018

HOXE PRESENTAMOS A 43ª EDICIÓN

Hoxe xoves 15 de febreiro, tivo lugar na EFA Piñeiral de Arzúa a presentación para os medios e patrocinadores do programa completo da 43ª Festa do Queixo.

Inverviron:

José Luís García, alcalde de Arzúa

Explicou os obxectivos e filosofía da festa, e presentou moitas das novidades desta 43ª edición como a homenaxe a Ana Kiro. O sábado 3, convidou a tod@s ao pregón de Tonhito de Poi. «O pregón de Tonhito está moi relacionado coa homenaxe que lle quixemos facer a Ana Kiro: reproducimos a súa sinatura no prato Sargadelos e inauguraremos o busto bronce realizado polo escultor Camilo Seira. A inauguración oficial terá lugar por segundo ano no campo da feira, o sábado ás 12 h. baixo a carpa que instalamos que servirá para acoller o festival e asegurar que todo o mundo estea cómodo tanto nos concertos como antes, nos actos do pregón e a inauguración. Entregaremos os premios dos concursos de carteis, tapas, a 3ª edición do Arzuán do ano».

O alcalde destacou a colaboración coa EFA Piñeiral, o consello regulador da DOP Arzua-Ulloa e fixo especial fincapé en facer veciñanza coas asociacións e concellos, independentemente da cor política. Sinalou que Arzúa inviste moitos recursos no evento, máis que ningún outro concello en promocionar o queixo, recibe menos apoios institucionais que outros eventos de menor relevancia e repercusión. A festa é un inmenso motor económico para a vila e a comarca. O concello concentra o esforzo en facer as cousas mellor cada ano e mirar a futuro. Investiuse na propia carpa en adquirir material para facer a festa máis acolledora e máis e corporativa. Convidou a todos/as a queixear!

Pilar Díaz-Caso, directora da EFA Piñeiral

Presentou as actividades que a EFA Piñeiral realiza con motivo da 43ª Festa do Queixo, tanto na semana previa como na fin de semana da festa. Obradoiros como “Un queixo que alimenta a túa saúde”, “Marketing e queixo, boas prácticas”, “fotoqueixo”, o 1º concurso “Pan&queixo” ou a “Masterclass Piñeiral de cociña creativa” que se impartirá no recinto feiral, os obradoiros de cociña creativa, o domingo 4 e todas as actividades que vai desenvolver a EFA Piñeiral de Arzúa nas súas instalacións e no stand no recinto feiral durante a Festa do queixo 2018.

Miguel Vallo, concelleiro de Cultura Concello de Arzúa

Presentou as novidades referentes ao amplo programa da 43ª edición: as novas queixerías inscritas, cun total de 70 expositores, cheo total do recinto, esgotando un ano máis os postos disponibles. Varias queixerías novas de todas partes do Estado e varios premios World Cheese Awards, queixerías PLTs tradicionais todas co obrigatorio rexistro sanitario, e a variedade de locais de alimentación especializada, de Galicia e de fora, con doce de algas, crema de mirabeis, pimentón de la Vera ou moitos máis produtos gourmet. A presenza dos concellos veciños como Boimorto e Melide, este a través da asociación Melide Terra Doce.

Presentou a continuación a programación íntegra do Festival do Queixo 2018, que se celebrará por segunda primeira baixo una gran carpa.

Destacou a colaboración importante cos obradoiros de cociña creativa e da Master Class Piñeiral pola proximidade, o resto de actividades, obradoiros, e a segunda edición do festival Pequequeixo para os máis cativos. Igualmente a participación dos voluntarios e grupos de música e locais, con pasacalles e a sesión Vermú a cargo da banda de música de Arzúa, con temas de Ana Kiro. Ademais o fotocol das vaquiñas para queixear, food trucks na zona do festival, etc

Jose Ramón Bernárdez, responsable do concurso Queixo Maquetón

Destacou un ano máis a altísima participación, con 44 bandas presentadas. Presentou tamén a NO CRAFTS, o grupo madrileño gañador do 10º aniversario concurso Queixo Maquetón, que dará o seu concerto para abrir o festival do queixo o sábado 3 de marzo ás 21.30 h.

Xose Luís Carrera, presidente do CRDOP Arzúa-Ulloa

Presentou o Concurso de Petiscos e Tapas con 22 locais participantes (a día 15/02/18), o faladoiro de Marketing e Queixo, e as Catas que se impartirán con motivo da festa nos centros educativos con queixo da DOP Arzúa-Ulloa, antes do evento. Explicou a promoción que o Consello Regulador realiza a nivel estatal da marca Arzúa-Ulloa e a colaboración no evento mediante a organización do concurso de tapas e petiscos, o venres 2 de marzo nos locais de hostalaría de Arzúa.

Ao remate servimos as elaboracións feitas no obradoiro Pan&Queixo, agasallouse aos medios cun queixo da DOP Arzúa-Ulloa cedido polo Consello Regulador, e fixemos estas fotos coas reproducións 3D da EFA Piñeiral do tocadiscos e cartel desta 43ª edición!

Descarga o FOLLETO COA PROGRAMACIÓN DO #QUEIXO2018

Descarga do DOSSIER COMPLETO DO #QUEIXO2018

By | 2018-02-18T21:19:35+00:00 15 febrero 2018|Novas|0 Comments

Leave A Comment