Sr. Salvaje

Sr. Salvaje 2022-02-18T13:17:06+00:00

Project Description

Sr. Salvaje

O grupo actuará no Festival do Queixo 2022 o sábado 5 de marzo ás 12 h tras a inauguración e pregón, e levarán como premio 1.300 €. Traerán a Arzúa Rock&Roll tradicional, con toques hard que é fiel herdanza da bagaxe musical do país.

O trío de Santiago de Compostela “Sr. Salvaje, convértese no gañador da 13ª Edición do Queixo Maquetón, o concurso para grupos noveis, relevando no posto aos bilbaínos Capitán Elefante, nunha edición que chegou a 22 bandas presentadas chegadas desde gran parte das comunidades do Estado.

Sr. Salvaxe é un proxecto formado por Guillermo Vistoso (guitarra e voz) Antón Torroncho (baixo) e Emilio Iniesta (batería) que xorde no verán de 2019.

Tras editar o e. p. «III » (Rock Cd Records, 2020), en xullo de 2021 publican o primeiro adianto do seu próximo traballo discográfico en forma de videoclip: «Miss Fortuna». O clip está dirixido, gravado e editado por TambouraFilms e Pixelecer, coa dirección artística de Olalla Tesouro e como é habitual con esta banda, con Iago Pico na produción musical, gravación, mestura o grupo atópase en proceso de composición e gravación do seu primeiro  LP que verá a luz a finais de 2022.

Podedes escoitalos en: