OS SANTIAGUESES ’SR. SALVAJE’ GAÑAN O CONCURSO QUEIXO MAQUETÓN 2022

Home/Concurso Queixo Maquetón, Novas/OS SANTIAGUESES ’SR. SALVAJE’ GAÑAN O CONCURSO QUEIXO MAQUETÓN 2022

OS SANTIAGUESES ’SR. SALVAJE’ GAÑAN O CONCURSO QUEIXO MAQUETÓN 2022

O grupo actuará no Festival do Queixo 2022 o sábado 5 de marzo ás 12 h tras a inauguración e pregón da 47ª Festa do Queixo, e levarán como premio 1.300 €.

O trío de Santiago de Compostela “Sr. Salvaje, convértese no gañador da 13ª Edición do Queixo Maquetón, o concurso para grupos noveis, relevando no posto aos bilbaínos Capitán Elefante, nunha edición que chegou a 22 bandas presentadas chegadas desde gran parte das comunidades do Estado.

Sr. Salvaxe é un proxecto formado por Guillermo Vistoso (guitarra e voz) Antón Torroncho (baixo) e Emilio Iniesta (batería) que xorde no verán de 2019. Rock& Roll tradicional, con toques hard que é fiel herdanza da bagaxe musical do país.

Tras editar o e. p. «III » (Rock Cd Records, 2020), en xullo de 2021 publican o primeiro adianto do seu próximo traballo discográfico en forma de videoclip: «Miss Fortuna». O clip está dirixido, gravado e editado por TambouraFilms e Pixelecer, coa dirección artística de Olalla Tesouro e como é habitual con esta banda, con Iago Pico na produción musical, gravación, mestura o grupo atópase en proceso de composición e gravación do seu primeiro  LP que verá a luz a finais de 2022.

Podedes escoitalos en:

Xurado

O xurado 2022 estivo composto por José Ramón Bernárdez, responsable do Concurso, Salvador García, Director de Emisións & Produción en Radio Vigo Grupo de Comunicación e responsable do Maketón de los 40Vigo, o grupo Capitán elefante gañadores da 12ª edición e pola cantautora arzuá Aldara Gómez determinou despois dunha longa deliberación que esta banda novel santiaguesa fora finalmente a gañadora desta nova edición.

Bandas finalistas

Tras o grupo santiagués, quedaron finalistas as bandas Bow (Huelva), Tan Dub (Ourense), Soulwide (Santiago), Total Niebla (Madrid), Infrarroja (Lugo), Superglú (Ferrol) e Chaleco Reflectante (Vigo).

GRAZAS A TODOS! VÉMONOS NO #QUEIXO2022! VÉMONOS EN #ARZÚA!

By | 2022-11-16T13:19:37+00:00 27 enero 2022|Concurso Queixo Maquetón, Novas|0 Comments

Leave A Comment