«O NOSO» GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS 2019

Home/concurso de carteis, Novas/«O NOSO» GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS 2019

«O NOSO» GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS 2019

Hoxe tivo lugar en Arzúa a votación do CONCURSO DE CARTEIS da 44ª Festa do Queixo, Arzúa 2019. Recibíronse un total de 52 propostas desde as catro provincias galegas, do resto do Estado, en diferentes técnicas dixitais ou manuais.

O xurado concedeu 12 puntos e o 1º PREMIO á peza nº 38 titulada O noso” de Francisco Gómez Regenjo, técnico superior en imaxe da Coruña. Esta obra será o cartel anunciador da 44ª edición da Festa do Queixo. O xurado valorou tamén a potencia visual desde a sinxeleza, así como a axeitada combinación de cor e luz. Cualificou esta obra como de gran posta en valor do produto e das persoas que producen e traballan arredor do queixo, representadas con esa man alzada con forza “empoderando” o queixo.

1º PREMIO
600€ + 1 fin de semana en turismo rural 2 persoas + 1 lote de produtos + 1 queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa

CARTEL Nº 38
TÍTULO: “O noso”
AUTOR: FRANCISCO GÓMEZ REGENJO (A Coruña)

 

2º PREMIO
300€ + xantar 2 persoas + 1 lote produtos + 1 queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa

CARTEL Nº 43
TÍTULO: “Longa vida á raíña da festa do queixo”
AUTORA: BEGOÑA FAILDE BLANCO (A Coruña)

3º PREMIO
100€ + 1 lote produtos + 1 queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa

CARTEL Nº 19
TÍTULO: “Quintaesencia”
AUTORA: DULCE MARÍA LÓPEZ FERNÁNDEZ (Fene, A Coruña)

 

4º PREMIO, elixido por votación popular onte domingo 16 cun total de 12 votos obre 32
Agasallo especial + 1 lote produtos + 1 queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa

CARTEL Nº 16
TÍTULO: “Queixate, o Queixo é arte”
AUTOR: ROBERTO CASTRO AGRA (Roxos, Santiago de Compostela)

 

A votación tivo lugar hoxe luns ás 14 h. na Capela da Madanela de Arzúa, mediante valoración dun xurado cualificado designado pola Organización. O 4º premio foi elixido por votación popular en Arzúa, onte domingo 16 de decembro.

Explicación do autor (en sobre pechado):

 “O cartaz tenta representar a forza das mans que nos legaron a tradición do queixo de Arzúa. A sinxeleza do traballo popular. Sen artificios, pero con firmeza e orgullo.

Feito cunha versión moderna e desenfadada, como a dos concertos que completan a programación da festa, e que ao longo das edicións adquiriron maior relevancia”

O xurado estivo formado por:

  • José Luís García, alcalde de Arzúa
  • Miguel Vallo, concelleiro de Cultura Concello de Arzúa
  • Óscar Pérez, xerente do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa
  • Diego Valiño, presidente A.E.C.A.
  • Cruz Leiva, directora C.E.I.P. de Arzúa
  • Miguel Ángel Andújar, director IES Arzúa
  • Ángeles Santamarta, directora colexio Nosa Sra. do Rosario Arzúa
  • Inma Carbia e Susana Estévez, profesoras E.F.A. Piñeiral de Arzúa
  • Jose Ramón Bernárdez, concurso Queixo Maquetón
  • Ramón Roldán, coordinador e resp. comunicación Festa do Queixo

Secretario: Marcos Pampín, técnico de Cultura Concello de Arzúa

Todas as pezas estarán expostas na Capela de Madanela, de 19 a 21 h. Do 17 ao 21 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro de 2019, así como nas datas da festa (as datas e horarios poden sufrir lixeiras modificacións, que se actualizarán nestas bases e noutros soportes, web, redes sociais, etc). A obra elixida como 1º premio será o cartel anunciador da 44ª edición. A entrega de premios terá lugar no acto inaugural da 44ª Festa do Queixo, o sábado 9 de marzo de 2019.

By | 2018-12-17T21:17:44+00:00 17 diciembre 2018|concurso de carteis, Novas|0 Comments

Leave A Comment