HOXE PRESENTAMOS O 45º ANIVERSARIO DA FESTA DO QUEIXO

Home/Novas/HOXE PRESENTAMOS O 45º ANIVERSARIO DA FESTA DO QUEIXO

HOXE PRESENTAMOS O 45º ANIVERSARIO DA FESTA DO QUEIXO

Hoxe xoves 20 de febreiro tivo lugar no Mercado Gastrogalaico La Galiciana, a presentación para os medios do programa completo da 45ª edición da Festa do Queixo de Arzúa. O #queixo2020

Interviron:

Jose Luís García, alcalde de Arzúa

Agradeceu a asistencia aos presentes, especialmente a Bieito Romero, quen pola súa condición de artista ten complicado a  asistencia a este tipo de eventos. Tamén agradeceu a Galiciana, xa que pese a  preferir sempre facer os actos en Arzúa, por 2ª vez se escolleu este céntrico local santiagués, para achegarnos aos medios e facilitar o seu traballo.

O alcalde fixo unha rápida revisión destes 45 anos, avaliando o traballo realizado, que aínda que é moi coñecido. Botou a vista atrás ao traballo ao longo dos anos. Fixo un resumo histórico 45 anos, que xa é ben coñecido nacional e internacionalmente.

Musicalmente nun principio o festival consistía nun día e a música era só Folk. Logo tomouse a decisión de mudar a 2 días, decisión valente e complicada polo custo, pero que finalmente foi un auténtico éxito de público e vendas, o cal enorgullécenos esa idea que se tivo.

 

Logo destacou as melloras acometidas ao longo deste tempo:

  • Importante mellora na produción. Iluminación, escenario, equipamento técnico, seguridade. Neste aspecto esta 45ª edición marcará un antes e un despois. Nos vindeiros anos seguiremos facendo cambios dos que iremos informando pouco a pouco.
  • Tamén destacable é o esforzo na mellora da información transmitida, tanto no seu fondo como na súa forma, mellorando a calidade estética da mesma.
  • Unha das cousas que máis cambiou a maneira de acometer o festival foi a instalación da carpa. Foi unha tarefa moi complicada tecnicamente, ao enfrontarmos a un espazo moi céntrico e con carballos protexidos. Por outra banda, foi un gran esforzo económico. Pero grazas a carpa, tempos a seguridade de que a festa vaise celebrar, coa importancia que iso ten para a organización, os asistentes, e o tecido hostaleiro da nosa vila.
  • Outro cambio moi importante foi o conseguir que dentro do recinto non haxa un só queixos sen rexistro sanitario nin sen etiqueta.
  • Tamén a presenza de queixerías de outras comunidades enriqueceu a nosa festa, pois a variedade permítenos dar a coñecer queixos de outras comunidades e países, tendo sempre ao noso como protagonista.
  • En canto ao recinto mellorou tamén a estética e organización, e tamén a concienciación mediambiental, que cada vez está a gañar protagonismo nas prioridades organizativas. Por iso este ano usaremos vasos de plástico biodegradable.
  • A colaboración con entidades educativas do noso entorno foi moi enriquecedora, como mostra temos con nos a Inma Carbia, pois é coa EFA Piñeiral coa institución que máis traballamos, polo ciclo de cocina que imparte nas súas instalacións.
  • Pero non so a colaboración se cingue ao educativo, a festa está a fomentar a colaboración con distintos tecidos empresarial e hostaleiro, e como non coa DOP Arzúa porque é a que nos representa.
  • En canto aso plans de futuro temos desenvolvida una estratexia para chegar aos máis pequenos. Eles serán os consumidores e prescriptores do futuro. Por iso a maioría dos obradoiros van a eles. Unha nova edición do Pequequeixo, do chess&cheese e outras actividades en coordinación con outros departamentos do concello, dan boa mostra delo.
  • Tamén se presentou unha campaña de concienciación do papel fundamental dos homes na erradicación do machismo. Tamén este ano haberá un punto violeta con información de concienciación e seguridade, así como localización dos principais puntos de axuda na Festa, como o da garda civil. Pese a que non tivemos constancia de ningún problema ate o de hoxe, cremos que a toda a información e concienciación que divulguemos, benvida será.
  • No plano musical a promoción de artistas locais sempre foi unha prioridade. Este ano MJ Pérez presentará o seu novo disco. A nosa Banda de Arzúa tamén foi protagonista nestes anos, non en vano o seu primeiro concerto onde comezaron a innovar introducindo versións de Abba no seu repertorio foi na festa, logo virían festivais como o da luz pero Arteixo foi testemiña da súa evolución.
  • Todo ten un proceso e unha evolución, pero se algo tiven claro desde a miña chegada a alcaldía é que houbera políticos que non tiveran en conta a herdanza organizativa das edicións pasadas, e que un alcalde intentara romper a festa para facela a súa imaxe. Hai unhas pautas orixinais que non se deben perder.

 

En canto a algunhas das novidades de esta edición:

  • Haberá máis expositores que nunca, non cabe un máis no recinto, no que haberá 78 dos que 55 serán queixerías.
  • Realizarase unha acción especial en colaboración con casa Xanceda: Imos pintar un paso de vaca nunha rúa da nosa cidade. O importante, máis que o feito en si, e a visibilización da reivindicación do rural.
  • Tamén nesta liña reivindicativa da riqueza do rural vai a elección da pregoeira deste ano. A súa elección non so foi polos premios, se non sobre todo polo que representa. “Se a vos os xornalistas os deixaran deberiades buscar estes personaxes que dan leccións de continuo. Esto e o que mais me atrae dela máis que o seu traballo de actriz”.

 

O alcalde deu paso a Xosé Luís Carrera, presidente do CRDOP Arzúa-Ulloa

Fixo un balance do ano 2019, e comentou que a DOP rebosa saúde xa que bateu o récord de contraetiquetaxe, pasando dos 3,5 aos 3,6 millóns, co obxectivo de manter eses niveis de produción, que o sitúan como 2ª DOP do Estado con diferencia importante sobre a 3ª.

Nesta edición, repetirase o clásico concurso de petiscos con 21 establecementos participantes coas súas elaboracións de petiscos con queixo.

Tamén haberá catas comentadas poñendo en valor os valores nutricionais do noso queixo, saber que aporta ás novas xeracións, coa participación de sectores hostaleiros e educativos. “Temos tamén como obxectivo continuar a exportar estas catas fora de Arzúa e da nosa área xeográfica.”

Comezamos a preparar o Xacobeo neste 2020 con “os camiños do queixo”, unha acción que propón o queixo como elemento vertebrador nos 4 camiños que veñen a Santiago. O presidente confirmou estar en conversas con Turgalicia para que non so degusten os queixos e se visiten as queixerías, senón que tamén coñezan o patrimonio destas zonas. Todo elo vaia unido polo queixo como fío condutor.

A continuación interveu Inma Carbia, profesora da EFA Piñeiral

Declarou que dende a EFA Piñeiral levan anos colaborando coa Festa, e cedendo as súas instalacións para sumar a oferta, e que sexa tamén un foro referencia de sinerxias e encontros con accións que valoricen o produto, pois “o queixo é o gran valor que temos”.

Xa onte día 19, realizouse unha cata comentada co ciclo de enfermería e nutrición a cargo de Óscar Pérez Ramil, Secretario do Consello regulador. E anunciou que mañá venres 21, haberá una tertulia técnica sobre Tendencias de Packaging na industria alimentaria a cargo de Elena Lucio da Axencia Proimaxe.

Tamén o xoves 27 de febreiro, haberá unha masterclass chamada “Unha cociña persoal e de produto co Arzúa Ulloa desde a Horta do Obradoiro”. Presentación das propostas persoais e de produto a cargo de Kike Piñeiro e Eloy Cancela. Primeiros segundos e sobremesas co queixo como estrela. Excelencia e pureza do produto, cunha orientación e inspiración para enriquecer a oferta.

No recinto a EFA Piñeiral estará presente cun stand con escolla de traballos do ciclo de panadería e hostalaría, ademais da xa agardada réplica doce do cartel deste ano.

A docente rematou convidando a “queixear” ao asistentes.

Interveu a continuación Alberto Alfonso, director do Festival do Queixo

Anunciou que o sábado se abriraá o festival co concerto da banda bilbaína EL CAPITÁN ELEFANTE, gañadores da 12ª edición do concurso Queixo Maquetón. Unha banda bilbaína que ven con moitas ganas. A continuación terá lugar un dos concertos máis agardados, os TEQUILA darán oo que seguramente será o último concerto en Galicia da súa carreira, posteriormente seguirán NOVEDADES CARMINHA, grupo cun punto “bailongo” que ven con moitas ganas a presentar “ultraligero”. E para finalizar todo o ritmo de LADILLA RUSA. Un fenómeno máis que divertido. Este ano a Festa afástase do DJ, o que consideran un acerto.

O director do festival confirmou que o domingo os asistentes poderán gozaremos por 5º ano consecutivo da xa instaurada Sesión Vermú a cargo nesta ocasión de MJ PÉREZ, que presentará en exclusiva o seu novo disco. E pola tarde, no apartado folk, nada mási e nada menos que o concerto de LUAR NA LUBRE, un grupo do que non se pode engadir nada ao seu máis que merecido recoñecemento nacional e internacional, pechando este 45º aniversario os BAIUCA (Live B and A/V Show) quen mezcla folk con bases electrónicas e está dando moito que falar.

 Todos os concertos serán DE BALDE e terán lugar no Campo da feira de Arzúa baixo unha carpa por 4º ano consecutivo para desfrutar e queixear a cuberto, aínda que agardan que este ano haxa bo tempo e se superen as estimacións de afluencia, para o que solicitou a colaboración dos medios na difusión do evento.

Foi a quenda de Bieito Romero, integrante de Luar na Lubre, quen falou en representación do resto de integrantes do grupo. “Eu tiña 11 anos a primeira vez que vin a Arzúa, e desde sempre foi unha referencia para ir a ver música e desfrutar da gastronomía” Afirmou que no plano musical houbo unha gran evolución, e aue para Luar na Lubre “é unha ledicia volver por terceira vez” “Parécenos moi interesante a evolución de produción. É un festival que ofrece garantías de estar a gusto, e de seguro ten moito futuro”.

O seu concerto en Arzúa pechará a xira de “Ribeira sacra”, un traballo que lles levou a dar 120 concertos cun disco baseado nesta comarca galega. Ademais aproveitarán para ofrecer un adianto da nova xira “Vieiras e vieiros”, na que co camiño de Santiago de fondo, falará das historias dos peregrinos.

O músico comentou os seus vínculos persoais tamén coa zona de Arzúa pois “A miña muller e da comarca da Ulloa, e tamén compartiu un vencello con Xosé Luís, o embrión deste disco xestouse en Santiago (albá) onde se produce este queixo”

Pechou a súa intervención afirmando que para eles é unha marabilla poder estar na 45ª edición do queixo e animou a todos desfrutala.

Logo chegou a quenda da concelleira de Cultura Concello de Arzúa, Aurora Varela

A concelleira quixo facer fincapé nos obradoiros nenos e nenas, e sobre todo no incremento de participación ano a ano, debido a multiplicidade de oferta que se lles ofrece para interactuar entre eles e co queixo.

Neste proceso pártese da orixe do queixo, que non é outra que a vaca. Por elo, un fotocall donde os nenos poden fotografarse muxindo unha vaca será un punto destacado dentro das actividades.

O sábado e o domingo como xa é habitual celebrarase o Pequequeixo praza se non chove, e na capela se chove. O 29 pola tarde na praza de Galiza (e na capela da Madanela se chovera) Peter Pank e Brais das Ortas, farán as delicias dos máis pequenos. O 1 Barquiño de pau  co seu espectáculo “Tropa de trapo”, co seu espectáculo de música co acordeón e o corpo.

Concluíndo Chess & Cheese, un torneo para nenos e nenas ata sub14 e un torneo aberto de rápidas válido para Elo FIDE, no Local Social de Santa María.

Finalmente lembrou os concertos na carpa con especial mención a Luar na Lubre e a súa “capacidade de conectar as nosas raíces con novas influenzas. Este disco de A Ribeira Sacra, une  viño e música, e é unha moi boa forma de render homenaxe a esa zona, e ninguén mellor que Luar na Lubre para facelo. O éxito está garantido.”

Resaltou que desde o Concello vaise seguir defendendo a cultura, a música e o folclore con presencia galega sen renunciar a outras actuacións ou bandas, pero sempre sen obviar os grandes artistas galegos, como tamén é MJ Pérez, de quen asegurou que o seu concerto sería “un gran éxito”.

Finalmente remitiu ao programa e a web para máis información.

Por último e para antes da despedida, o alcalde quixo facer unha mención especial aos Arzuáns do ano:

  • Radio Arzúa no seu 25º aniversario. Pola calidade dos seus contidos informativos.
  • A Aula de adultos, tras 20 anos ofrecendo unha gran labor social para xente que abandona os seus estudos e que despois recapacita e reengancha grazas a esta iniciativa.
  • A rondalla Moraima no seu 20º aniversario pola súa labor a nivel cultural.
  • As queixerías Barral e Galmesano: quen foron premiados no World Cheese Awards
  • 3 rapaces moi novos que son orgullosos embaixadores da vila de Arzúa:
    • Lydia Veiga: actriz filla de actor (Xan Veiga) que ven de conseguir varios premios, e que fai un gran traballo dando clases de teatro en Arzúa.
    • Fran Cañotas: xornalista primeiro de Radio e agora da TVG, posiblemente “o maior embaixador que temos, pois “non hai programa no que non faga mención da nosa Festa ou do noso queixo” D
    • Damián García: astrofísico arzuán que completou os seus estudos preuniversitarios na vila. Na actualidade finaliza o doutoramento sobre os Raios Cósmicos e os efectos e influencia no clima espacial e terrestre, polo que pasou 2 meses no continente Antártico.

“Sentímonos moi orgullosos de todos eles”.

Ao remate agasallouse con queixos cedidos polo Consello Regulador, e José Luís García despediuse convidando a todos a degustar uns petiscos con queixo elaborados no local anfitrión e a acudir a Arzúa a celebrar o 45º aniversario queixeando.

Descarga o DOSSIER DE PRENSA DO 45º ANIVERSARIO

By | 2020-02-21T01:06:49+00:00 20 febrero 2020|Novas|0 Comments

Leave A Comment