Hoxe tivo lugar en Arzúa a votación do CONCURSO DE CARTEIS ANUNCIADORES da 42ª Festa do Queixo, Arzúa 2017. Recibíronse un total de 52 propostas desde as catro provincias galegas, do resto do Estado, en diferentes técnicas dixitais ou manuais.
O xurado concedeu un total de 25 puntos e o 1º PREMIO á peza nº 22 titulada “Rural” de Rubén Lucas García (Torreaguera, Murcia).
Esta obra será o cartel anunciador da 42ª edición da Festa do Queixo. Dase a dobre casualidade de que o autor murciano o gañou tamén na pasada 41ª edición, o terceiro premio. Lembramos que todos os anos os datos dos participantes permanecen en sobres pechados 🙂
2º PREMIO
➡ CARTEL Nº 4. Puntuación recibida: 6 puntos
➡ TÍTULO: ‘Llévate una joya’
➡ AUTOR: Jose María Fernández Briones (Layos, Toledo)
3º PREMIO
➡ CARTEL Nº 36. Puntuación recibida: 6 puntos (menor nº de puntuacións máximas que o 2º)
➡ TÍTULO: ‘Alza a vista’
➡ AUTOR: Adrián García Castro (Arzúa)
4º PREMIO (elixido por votación popular)
➡ CARTEL Nº 49. Puntuación recibida: 26 votos sobre 40 papeletas
➡ TÍTULO: ‘Queixeira 2.0′
➡ AUTOR: Armando Carril Casanova (Arzúa)
O xurado estivo formado por:
Jose Luís García, alcalde de Arzúa
Miguel Vallo, concelleiro de Cultura Concello de Arzúa
Óscar Pérez, secreatario-xerente do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa
Alfonso Corzo, presidente A.E.C.A.
Rosa Cajade, directora C.E.I.P. de Arzúa
Ángeles Santa Marta, directora colexio Nosa señora do Rosario
Susana Estévez e profesorado da E.F.A. Piñeiral de Arzúa
Jose Ramón Bernárdez, resp. concurso Queixo Maquetón
Ramón Roldán, coordinador e resp. de comunicación da Festa do Queixo
Secretario: Marcos Pampín, técnico de Cultura Concello de Arzúa
Todas as pezas estarán expostas na Capela de Madanela, do 12 ao 16 de decembro, e o 4, 5 e 6 de xaneiro de 2017, así como nas datas da festa, en horario de 19h a 21h. (as datas e horarios de apertura poden sufrir lixeiras modificacións, que se notificarán e actualizarán nestas bases e noutros soportes).
A entrega de premios terá lugar no acto inaugural da Festa do Queixo o sábado 4 de marzo de 2017 (Recinto feiral, 13h).
PARABÉNS E MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR ACHEGARNOS A VOSA CREATIVIDADE! A PRÓXIMA EDICIÓN SEGUIREMOS QUEIXEANDO 😉
Leave A Comment