A Festa do queixo 2022 xa ten cartel anunciador

Home/concurso de carteis, Novas/A Festa do queixo 2022 xa ten cartel anunciador

A Festa do queixo 2022 xa ten cartel anunciador

Hoxe tivo lugar en Arzúa a votación do CONCURSO DE CARTEIS da 47ª Festa do Queixo, Arzúa 2022. Recibíronse un total de 34 propostas en diferentes técnicas dixitais ou manuais desde toda Galicia do resto do Estado.

O xurado concedeu 12 puntos e o 1º PREMIO á peza nº 4 titulada Marchando para Arzúa” de Paula Francos Anllo, comunicadora de Cospeito (Lugo). Esta obra será o cartel anunciador da 47ª Festa do Queixo. O segundo premio foi para Navarra, o terceiro para O Pino e o 4º da votación popular, para Padrón, unha peza en acuarela.

A votación do xurado tivo lugar hoxe luns ás 14 h. na Capela da Madanela de Arzúa, e o 4º premio foi elixido por votación popular en Arzúa, o venres 17 de decembro

1º PREMIO: 600 €

● CARTEL Nº 16. Puntuación recibida: 12 puntos
● TÍTULO: ‘Marchando para Arzúa’
● AUTORA: PAULA FRANCOS ANLLO (COSPEITO)

O xurado valorou a especial integración coa filosofía da festa. A obra pon en valor o queixo de Arzúa, a música tradicional e o rural (representado na uña con estampado de vaca). Pode apreciarse a figura dunha persoa (home ou muller) que camiña cargado de instrumentos e un queixo de Arzúa cara a festa. A gráfica está metida nun círculo representando a forma do queixo de Arzúa, no que pode apreciarse, a modo de metáfora visual, que o espazo triangular que forman as pernas da figura humana evoca un pique de queixo cortado.

2º PREMIO: 300 €

  • CARTEL Nº 7
  • TÍTULO: “El queso de Galicia”
  • AUTOR: MAXIMILIANO EZEQUIEL COSATI ESPINDOLA (NAVARRA)

“Representa el queso como la concha del Camino de Santiago, por la relación del pueblo de Arzúa con su vinculación al camino.

3º PREMIO: 100 €

  • CARTEL Nº 28
  • TÍTULO: “A nosa identidade”
  • AUTORA: SUSANA SEIJO DURO (O PINO)

“O queixo é representado a través dunha pegada dactilar, transmitindo así a importancia do queixo no concepto de identidade do pobo e dos arzuáns e arzuás”

4º PREMIO: agasallo especial

  • CARTEL Nº 4
  • TÍTULO: “Queseríademisinti”
  • TÉCNICA: acuarela
  • AUTORA: MELANIA GÓMEZ BARRAL (PADRÓN)

Elixido por votación popular o pasado venres 17, cun total de 26 votos sobre 217 papeletas, o maior dato de participación da historia do concurso. Grazas a todas as persoas que participastes na votación!

“Esta pintura quiere ser un homenaje a la sabiduría de nuestros mayores, que nos transmitieron todo cuanto sabemos. En especial a las abuelas arzuanas que llevaron el queso a todos los mercados. ¿Qué sería de nosotros sin ellas?”

Acuarela sobre papel CANSON 300gr

 

 O xurado estivo formado por

  • José Luís García, alcalde de Arzúa
  • Aurora Varela, concelleira de Cultura, Educación e Participación veciñal
  • Begoña Balado, concelleira de Turismo, Obras e Servizos
  • Diego Valiño, presidente de A.E.C.A.
  • Ramón Roldán, responsable de comunicación da Festa do Queixo

Secretario: Marcos Pampín, técnico de Cultura Concello de Arzúa

Todos os carteis estarán expostos de 18:30 a 20:30 h entre o 20 e o 23 de decembro de 2021 e os días 3 e 4 de xaneiro de 2022 (as datas e horarios poden sufrir lixeiras modificacións, que se actualizarán nestas bases e noutros soportes, web, rrrss, etc).

A entrega de premios terá lugar no acto inaugural, o sábado 5 de marzo de 2022

Grazas a tod@s por participar!

By | 2021-12-21T11:30:57+00:00 21 diciembre 2021|concurso de carteis, Novas|0 Comments

Leave A Comment