FEDERICO PÉREZ REY, PREGOEIRO DO QUEIXO 2026

Home/Novas/FEDERICO PÉREZ REY, PREGOEIRO DO QUEIXO 2026

FEDERICO PÉREZ REY, PREGOEIRO DO QUEIXO 2026

Federico Pérez Rey dará o pregón do #queixo2026, o sábado 28 de febreiro. O pregón terá lugar tras os actos de inauguración desta 51.ª edición, conducidos por Lidia e Xan Veiga, desde as 12:00 h na carpa do campo da feira. 

Fede naceu en Alemaña en 1976, pero ser é de Mazaricos. Fixo estudos de Filoloxía Galega na USC e traballou como asesor lingüístico en series e películas. Tamén lle deu algo aos guións de series de televisión, pero, sobre todo, leva tempo dedicándose á interpretación: no teatro (O florido pénsil, A leituga, O montacargas, Memorias dun neno labrego), no cine (Cuñados, Encallados, As bestas, etc) e en series de televisión (Era Visto, Padre Casares, etc). E encántalle o queixo!

 

By | 2026-01-31T10:59:07+00:00 29 Xaneiro 2026|Novas|0 Comments

Leave A Comment