A DEPUTACIÓN INSTALARÁ NO CONCELLO DE ARZÚA O SEU ESPAZO DE ARTESANÍA COINCIDINDO COA CELEBRACIÓN DA FESTA DO QUEIXO

Home/Novas/A DEPUTACIÓN INSTALARÁ NO CONCELLO DE ARZÚA O SEU ESPAZO DE ARTESANÍA COINCIDINDO COA CELEBRACIÓN DA FESTA DO QUEIXO

A DEPUTACIÓN INSTALARÁ NO CONCELLO DE ARZÚA O SEU ESPAZO DE ARTESANÍA COINCIDINDO COA CELEBRACIÓN DA FESTA DO QUEIXO

Luns 15 de decembro de 2025.

O concello de Arzúa, encabezado polo seu alcalde, Xesús Carril, mantivo este luns 15 de decembro unha reunión co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, con motivo da vindeira edición da Festa do Queixo.

Regueira, que ademais é o deputado de Promoción Económica e Turismo, confirmou que a institución provincial instalará o seu posto de artesanía neste evento, que terá lugar os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo.

A Deputación da Coruña, que está a promocionar a campaña “A paisaxe que sabe”, sumarase así ao programa desta cita, que cumprirá 51 edicións no 2026.

O mercado de artesanía comporase de 24 postos de varios sectores, incluídos os de artesanía alimentaria, onde se programarán seis showcookings a cargo de diversos cociñeiros, charlas técnicas, ademais da incorporación á programación musical de concertos de artistas que forman parte da Rede Cultural 2026.

“Desde o Concello de Arzúa agradecemos á Deputación da Coruña que escolla Arzúa para instalar o seu Mercado de Artesanía e que o faga coincidindo coa Festa do Queixo, uns días de grande afluencia de visitantes, tanto de Galiza como do exterior, que permitirán darlle visibilidade ao noso patrimonio cultural e material”, sinalou o alcalde, Xesús Carril.


Na foto, de esquerda a dereita: Xose Manuel Pose, Daniel Moscoso, Xosé Regueira, Xoán Xesús Carril e Ramón Roldán.

By | 2025-12-17T12:34:25+00:00 17 Decembro 2025|Novas|0 Comments

Leave A Comment