Capital Voskov, a banda de Muros, proclamouse gañadora desta edición, destacando entre unha participación récord no concurso deste ano. Con temas en galego e castelán, a súa música mestura melodías pegadizas, riffs de guitarra cargados de intención e ritmos contundentes que bailan entre o indie e o electrónico, creando unha proposta única e sen prexuízos.
En outubro de 2024, autoeditaron o seu primeiro disco de longa duración, “Abrir el juego”, que inclúe nove cortes nos que os estilos se mesturan con complicidade. Este 2025 continúan a súa xira “Xa improvisaremos tour”, que promete directos impecables e cheos de intensidade.
O sábado 15 de marzo, ás 20:30, poderemos gozar do seu directo na Festa do Queixo 2025. O novo horario busca que máis familias e visitantes poidan unirse á música en directo.
Grazas a todas as bandas participantes e parabéns aos finalistas Zeltia Irevire e Supercremalleras, que fixeron desta edición do Queixo Maquetón tremendamente complexo para decidir o gañador.
Pódelos escoitar no seu Spotify
Leave A Comment