A recén premiada co Goya a actriz revelación, dará o discurso de apertura do evento, o sábado 29 de febreiro ás 12.30 h na carpa do campo da feira.
Foto cortesía da Academia de Cine
Benedicta Sánchez Vila, é unha fotógrafa e actriz galega de 84 anos. Naceu na parroquia de San Fiz, en O Corgo (Lugo), desde onde a mestra de Manán de Abaixo a levou para a súa casa en Lugo, para que puidese completar os seus estudos. Con 17 anos, foi a primeira persoa en Galicia declarada vexetariana. A esa idade casou cun mozo de Pol e aos 25 anos emigrou co seu home ao Brasil. En Rio de Xaneiro traballou 15 anos como fotógrafa, ademais de nunha casa, nun bar e nunha librería. Separouse do home e tivo unha filla. Retornou a España coa filla, tendo que dar ao home por desaparecido na embaixada para poder viaxar soa coa súa filla Emma, instalouse en Valencia e finalmente volveu ao Corgo, onde vive actualmente.
A súa carreira como actriz comezou en 2019 cando despois de que a súa filla a levara ao casting, debutou cun papel protagonista no filme “O que arde”, de Óliver Laxe, interpretación pola que aos seus 84 anos foi premiada o pasado 25 de xaneiro co Goya 2020 á mellor actriz revelación.
É a actriz de maior idade en conseguir o galardón cinematográfico nesta categoría, sendo a segunda de maior idade nas categorías de intérpretes femininas, so superada por Julieta Serrano, que logrou o seu primeiro Goya aos 87 anos. O filme “O que arde” gañou tamén no Festival de Cannes o Premio do xurado da sección Un Certain Regard. En Cannes, Benedicta fascinou a todos os congregados bailando unha muiñeira sobre a alfombra vermella.
O seu discurso nos premios Goya aquí, con frases como “eu son galega y quiero también el Goya para Galicia, a miña terra meiga”
Entrevista no programa Land Rober da CRTVG
P: “Fuches sempre rebelde non?”
R: “Home, quen non? As persoas non somos rebeldes cando nos asustan, nos conseguen asustar, vaiche ocurrir isto, tal, tal,tal e aí collemos medo, ven un sentimento de culpa ou falta de curiosidad.”
Leave A Comment