BASES CONCURSO DE MAQUETAS «QUEIXO MAQUETÓN» 2020

Home/Concurso Queixo Maquetón, Festival do queixo, Novas/BASES CONCURSO DE MAQUETAS «QUEIXO MAQUETÓN» 2020

BASES CONCURSO DE MAQUETAS «QUEIXO MAQUETÓN» 2020

12º CONCURSO «QUEIXO MAQUETÓN», ARZÚA 2020

PREMIO: 1.300 en metálico! (1.000 en concepto do concerto + 300 para gastos de desprazamento e estancia) e un concerto o sábado 29 de febreiro no Festival do Queixo 2020!

PRAZO LÍMITE ENTREGA DE MAQUETAS: 15 XANEIRO 2020

Podedes participar todos aqueles grupos ou solistas noveis españois que non teñades ningún álbum publicado, coa excepción dos autoeditados, ou que non teñades asinado ningún contrato discográfico. Só se admitirán traballos encadrados estilisticamente no pop-rock e as novas tendencias.

BASES

1º – Poderán tomar parte todos aqueles grupos ou solistas con residencia no Estado español que non teñan ningún álbum publicado, coa excepción dos autoeditados ou que non teñan firmado ningún contrato discográfico.
2º – Só se admitirán traballos encadrados estilisticamente dentro do pop rock e novas tendencias: Rock, Pop, Post Rock, Tecno Pop, Power Pop, Art Rock, Indie, Indie Pop, Electrónica, Electro Pop, Electroclash…
3º – O PRAZO de inscrición comeza o 15 DE NOVEMBRO DE 2019 e remata o 15 DE XANEIRO DE 2020 ás 15 h. Este día ás 20 h, a dirección do Queixo Maquetón publicará o nome do grupo gañador que actuará en Arzúa o sábado 29 de febreiro de 2020. O concerto celebrarase aproximadamente ás 21:30 h.
4º – Todos os grupos ou solistas que desexen participar no concurso Queixo Maquetón 2020, deberán enviar un email a proxectoqueixomaqueton@gmail.com, onde nos farán chegar:
• Os títulos das (3) tres cancións que se presenten a concurso, que deberán estar publicadas no Myspace, Bandcamp ou outras plataformas
• Unha fotografía de calidade en formato JPEG (máx 10 Mb)
• Una biografía do grupo/solista en formato DOC (Word ou similar)
• Dirección, CP, teléfono, correo e a plataforma na que estean colgadas as cancións a concurso
5º – O gañador será elixido por un xurado, que estará formado por profesionais relacionados coa música e os membros da organización. É imprescindible ter un repertorio propio dun mínimo de 30 minutos de duración. O gañador cede os temas presentados a concurso para o seu posible uso promocional do evento.
6º – O gañador deberá estar dado de alta na Seguridade Social o día 29 de febreiro de 2020. Os premios levarán aplicada a correspondente retención fiscal por I.R.P.F. A dotación económica estará suxeita á lexislación fiscal vixente, segundo establece o Real Decreto 439/2007.
7º – O incumprimento total ou parcial das presentes bases será motivo de descualificación. A Organización do Queixo Maquetón resérvase o dereito de poder modificar total ou parcialmente as presentes bases e de colocación do grupo ganador no horario e escenario que estime oportuno.

PREMIOS

• 1.300 € EN METÁLICO: 1.000 € concepto do concerto que dará na 45ª Festa do Queixo, máis 300 € para gastos derivados do trasporte e aloxamento.
• ACTUACIÓN NO FESTIVAL DO QUEIXO O SÁBADO 29 DE FEBREIRO DE 2020, dentro da 45ª Festa do Queixo, que terá lugar en Arzúa os días 28, 29 de febreiro e 1 de marzo de 2020.
• ENTREVISTA PROMOCIONAL en Radio Arzúa e as redes sociais do evento.

DESCARGA as BASES EN CASTELÁN

CONTACTO: proxectoqueixomaqueton@gmail.com

Podedes tamén contactar, ver e escoitar a todos os grupos presentados no Facebook do Queixo Maquetón e no Twitter @QueixoMaqueton.

E no Youtube da festa tedes o resumo das últimas edicións 😉

Vémonos no #Queixo2020. Vémonos en #Arzúa!

By | 2019-11-15T09:43:28+00:00 14 noviembre 2019|Concurso Queixo Maquetón, Festival do queixo, Novas|0 Comments

Leave A Comment