BASES CONCURSO DE CARTEIS #QUEIXO2020. 45º ANIVERSARIO

Home/concurso de carteis, Novas/BASES CONCURSO DE CARTEIS #QUEIXO2020. 45º ANIVERSARIO

BASES CONCURSO DE CARTEIS #QUEIXO2020. 45º ANIVERSARIO

O orixinal deberá medir entre 30×40 cm e 70×100 cm. Cada autor/a poderá participar cun máximo de 3 traballos, con material e técnica libres, manual, mecánica ou dixital, sempre que estes sexan orixinais. Recoméndase presentar o traballo sobre soporte ríxido de cartón pluma ou similar.

A obra debe presentarse impresa, sen sinatura de autor/a, que limitará a súa identificación a un lema ou ao título da peza. Debe acompañarse dun sobre pechado coa obra en formato dixital -CD/USB-, unha breve explicación, e os seguintes datos: nome e apelidos, D.N.I., idade, profesión, enderezo, teléfono e correo electrónico.

O xurado valorará especialmente: a creatividade da arte final, o impacto visual e a relación coa filosofía do evento. Terá en conta a versatilidade e potencialidade para crear futuras aplicacións gráficas (nas que se engadirá en texto o programa do Festival do Queixo e outros ítems). Os queixos que formen parte da imaxe -no seu caso- deberán respectar a morfoloxía lenticular do queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa. Deberá figurar o texto “45ª FESTA DO QUEIXO. Arzúa, 28 febreiro – 1 marzo 2020”. No caso de empregar algunha imaxe ou marca que non sexa propiedade do autor/a, deberase xustificar a compra dos dereitos (excluiranse de concurso as obras con imaxes procedentes de internet protexidas por dereitos de autor).

PRAZO: os orixinais deberán recibirse antes do LUNS 9 DE DECEMBRO de 2019 ás 14 h., na Oficina da Concellaría de Cultura do Concello de Arzúa -Rúa Pai Pardo 33, 1º. 15810 Arzúa- (edif. sociocultural María Mariño, a carón de Radio Arzúa e Biblioteca Municipal).

A elección dos premiados realizarase na Capela da Madanela de Arzúa, o luns 16 de decembro de 2019 ás 14 h. mediante valoración dun xurado cualificado designado polo Concello, agás a do 4º premio, que será elixido por votación popular o venres 13 de decembro, de 12 a 14 h e de 18:30 a 20:30 h. O sobre co gañador deste 4º premio permanecerá pechado ata o luns 16, para entrar tamén na votación final do xurado.

Todas as pezas estarán expostas na Capela de Madanela do 16 ao 20 de decembro de 2018 e do 2 ao 4 de xaneiro de 2020 (de 18:30 a 20:30 h), así como nas datas da festa. As datas e horarios poden sufrir lixeiras modificacións, que se actualizarán nestas bases e noutros soportes, web, redes sociais, etc. A obra elixida como 1º premio será o cartel anunciador da 45ª edición. A entrega de premios terá lugar no acto inaugural da 45ª Festa do Queixo, o sábado 29 de febreiro de 2020.

Os 4 orixinais premiados e os seus dereitos de imaxe pasarán a ser propiedade do Concello de Arzúa, que poderá reproducilos, modificalos e aplicalos a distintos formatos e soportes sen autorización do/a autor/a. Os orixinais non premiados poderán recollerse na Concellaría de Cultura ata 60 días despois do evento. Cada gañador só pode levar un  único premio, no caso de pertencer ao mesmo autor/a varias pezas premiadas, o premio pasa ao seguinte cartel con maior nº de puntos.

A Organización resérvase o dereito a deixar baleiros os premios, así como a rexeitar para concurso calquera peza que considere, ou que non se axuste ás presentes bases. As súas decisións serán inapelables.

 

By | 2019-10-22T12:01:20+00:00 22 octubre 2019|concurso de carteis, Novas|0 Comments

Leave A Comment