1º– O orixinal deberá medir entre 30×40 cm e 70×100 cm. Cada autor/a poderá participar cun máximo de 3 traballos, con material e técnica libres, manual, mecánica ou dixital, sempre que estes sexan orixinais. Recoméndase presentar o traballo sobre soporte ríxido de cartón pluma ou similar.
2º– A obra debe presentarse impresa, sen sinatura de autor/a, que limitará a súa identificación a un lema ou ao título da peza. Debe acompañarse dun sobre pechado coa obra en formato dixital -CD/USB-, unha breve explicación, e os seguintes datos: nome e apelidos, D.N.I., idade, profesión, enderezo, teléfono e correo electrónico.
3º– O xurado valorará especialmente: a creatividade do arte final, o impacto visual e a relación coa filosofía do evento. Terá en conta a versatilidade e potencialidade para crear futuras aplicacións gráficas (nas que se engadirá en texto o programa do Festival do Queixo e outros ítems). Os queixos que formen parte da imaxe -no seu caso- deberán respectar a morfoloxía lenticular do queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa. Deberá figurar o texto “43ª FESTA DO QUEIXO. Arzúa, 2, 3, 4 marzo de 2018”. No caso de empregar algunha imaxe ou marca que non sexa propiedade do autor/a, deberase xustificar a compra dos dereitos (excluiranse de concurso as obras con imaxes procedentes de internet protexidas por dereitos de autor).
4º– PRAZO: os orixinais deberán recibirse antes do luns 4 de decembro de 2017 ás 14 h., na Oficina da Concellaría de Cultura do Concello de Arzúa -Rúa Pai Pardo 33, 1º. 15810 Arzúa- (edif. sociocultural María Mariño, a carón de Radio Arzúa e Biblioteca Municipal).
5º– A elección dos premiados realizarase na Capela da Madanela de Arzúa, o luns 11 de decembro de 2017 ás 14 h. mediante valoración dun xurado cualificado designado polo Concello, agás a do 4º premio, que será elixido por votación popular o domingo 10 de decembro, entre as 12 h e as 14 h. O sobre co gañador deste 4º premio permanecerá pechado ata o luns 11, para entrar tamén na votación final do xurado.
6º– Todas as pezas estarán expostas na Capela de Madanela, de 19 h a 21 h. Do 11 ao 15 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro de 2018, así como nas datas da festa (as datas e horarios poden sufrir lixeiras modificacións, que se actualizarán nestas bases e noutros soportes, web, redes sociais, etc). A obra elixida como 1º premio será o cartel anunciador da 43ª edición. A entrega de premios terá lugar no acto inaugural da 43ª Festa do Queixo, o sábado 3 de marzo de 2018.
7º– Os 4 orixinais premiados e os seus dereitos de imaxe pasarán a ser propiedade do Concello de Arzúa, que poderá reproducilos, modificalos e aplicalos a distintos formatos e soportes sen autorización do/a autor/a. Os orixinais non premiados poderán recollerse na Concellaría de Cultura ata 60 días despois do evento. Cada gañador só pode levar un único premio, no caso de pertencer ao mesmo autor/a varias pezas premiadas, o premio pasa ao seguinte cartel con maior nº de puntos.
8º– A Organización resérvase o dereito a deixar baleiros os premios, así como a rexeitar para concurso calquera peza que considere, ou que non se axuste ás presentes bases. As súas decisións serán inapelables.
Descarga as BASES CONCURSO DE CARTEIS 43ª FESTA DO QUEIXO, ARZÚA 2018
Leave A Comment