O 5 DE NOVEMBRO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN DE STANDS NA FESTA DO QUEIXO 2027

Home/Novas/O 5 DE NOVEMBRO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN DE STANDS NA FESTA DO QUEIXO 2027

O 5 DE NOVEMBRO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN DE STANDS NA FESTA DO QUEIXO 2027

Ábrese o prazo de inscrición para expositores no interior do recinto feiral durante a Festa do Queixo 2027

Arzúa, 29 de outubro de 2026 – O prazo de inscrición para as queixerías e produtos gourmet interesados en participar na próxima edición da Festa do Queixo 2027 cun stand dentro do recinto feiral “Terra do queixo” estará aberto entre o 5 e o 30 de novembro de 2026.

Os expositores que desexen formar parte, deberán contactar co correo electrónico info@festadoqueixo.org, onde se lles facilitará toda a información necesaria para o proceso de inscrición e formulario cos detalles de participación, que deberán achegar a través da sede electrónica do Concello en sede.concellodearzua.com.

O prazo que se abre o xoves 5 de novembro ás 09:00 h está destinado aos expositores que desexen reservar un stand dentro do recinto feiral.

A organización lembra que a pasada edición contou con máis de 80 queixerías e 125 solicitudes. A previsión para 2027 é manter ese nivel de participación e continuar reforzando o carácter aberto e colaborativo do evento.

Para o mes de decembro está programada a apertura de inscrición para os postos exteriores da feira de artesanía, mulitsectorial, food-trucks e resto de postos de alimentación, que completan cada ano a ampla oferta comercial, gastronómica e artesanal da festa.

A Festa do Queixo 2027 celebrarase o 5, 6 e 7 de marzo, sendo o sábado 6 e domingo 7 os días de apertura do recinto feiral. Baixo estas liñas, o plano coa distribución de stands na planta baixa do recinto feiral na pasada edición.

 

ACTUALIZACIÓN 06/11/2026: PRAZAS ZONA GOURMET 1º ANDAR ESGOTADAS

 

By | 2026-11-09T19:34:17+00:00 29 Outubro 2026|Novas|0 Comments

Leave A Comment