A Festa do Queixo celebra o seu 50.º aniversario coa presentación dun novo logo e datas confirmadas para marzo de 2025 .
Este 2025, Arzúa acollerá unha edición histórica da súa festa máis querida, conmemorando 50 anos de tradición queixeira e cultura. Para marcar este fito, presentamos un novo logo deseñado especialmente para a ocasión por Daniel Camino, veciño de Arzúa e deseñador gráfico, que simboliza cinco décadas de paixón polo queixo artesanal.
Datas confirmadas: 14, 15 e 16 de marzo de 2025. Durante tres días, Arzúa converterase no destino perfecto para amantes do queixo e da cultura. Degustacións, concurso de tapas, obradoiros para pequen@s e maiores, música e moito máis encherán as rúas de vida e sabor.
Como destaca o alcalde, Xesús Carril: “Queremos que veña moita xente de fóra, pero sobre todo que sexa unha festa para a nosa veciñanza.”
Anota as datas, esperámoste! Mira o vídeo da presentación aquí
Leave A Comment