TONHITO DE POI, PREGOEIRO DA 43ª FESTA DO QUEIXO

A inauguración e pregón da 43ª Festa do Queixo tiveron lugar o sábado 3 de marzo de 2018 ás 12 h. na carpa do campo da feira de Arzúa. O pregón de Tonhito estivo moi relacionado coa homenaxe posterior a Ana Kiro: inaugurouse o busto bronce realizado polo escultor Camilo Seira. Antón Axeitos Ares, máis coñecido como Tonhito de Poi, nado en Poi – Castiñeiras (Ribeira), é un artista polifacético. Traballou no mar como patrón de barco durante cinco anos, ata que se dedicou á música. Así comezou con Heredeiros da Crus, un grupo irreverente que fixo do rock da costa un himno para unha xeración. Despois de doce anos de concertos e oito discos crea un novo grupo musical xunto a músicos portugueses, A Banda de Poi, coa que sacou o disco Mor. Emprendeu un novo proxecto musical chamado Rasa Loba co que saca o disco Instinto. Saca disco en solitario chamado O Soro da verdade e publica un diario da súa primeira viaxe á selva amazónica, Viaxe cósmico á Amazonía. Tamén se dedicou paralelamente á televisión. Como actor, foi o encargado de encarnar a Xan Rei na serie Rías Baixas. Participou no programa Con perdón, e foi guionista de Súper Martes, Tardes con Ana, Pequeno Hotel, Galicia Expres, Rías Baixas, Tequele Tequele, Entre Familias anda o xogo, Máis Retranca, Os Tonechos e Land Rober na TVG. Ten o seu espazo na Radio Galega, O Poigrama, en Galicia por diante. Na TVG participou durante 5 tempadas con Ana Kiro no programa Tardes con Ana, onde foi colaborador, guionista e subdirector, ademais doutras intervencións xuntos en Luar.
Pregoeir@s que queixearon
2018
Tonhito de Poi
2017
María Castro
2016
Xosé Lois ‘O Carrabouxo’
2015
Nacho Mirás
2014
Diana Cotón, Lolo Penas, Diego Quintela, Óscar Pereiro, Pablo Insua
2013
Xosé A. Touriñán, con Ses e Tito
2012
Teté Delgado, con Los Ciclones
2011

Andre Arzúa
2010

Sechu Sende
2009

Montse Varela
2008

Xaquín Marín
2007

Yolanda Castaño
2006

Carlos Blanco
2005

Alfonso Agra
2004

Avelino Pousa Antelo
Os pregoeiros e pregoeiras da Festa do Queixo foron:
María Castro (2017)
Xosé Lois ‘O Carrabouxo’ (2016)
Nacho Mirás (2015)
Pablo Insua, Lolo Penas, Diego Quintela, Óscar Pereiro, Diana Cotón (xuntos en 2014)
Xose A. Touriñán (2013)
Teté Delgado (2012)
André Arzúa (2011)
Séchu Sende (2010)
Montse Varela (2009)
Xaquín Marín (2008)
Yolanda Castaño (2007)
Carlos Blanco (2006)
Alfonso Agra (2005)
Avelino Pousa Antelo (2004)
Luís Rial (2003)
Uxía Blanco (2002)
Xosé Ramón Fandiño (2001)
Agustín Sixto (2000)
Manuel Quintáns (1999)
Jose Mª Manteita (1998)
Fina Casalderrey (1997)
Xosé Neira Vilas (1996)
Antón Reixa (1995)
Xosé A. Vilaboa (1994)
Luís Valiño Freira (1993)
Manuel Torreiglesias (1992)
Xose Luís Blanco Campaña (1991)
Diego Bernal (1990)
Miguel Suárez Abel (1989)
Uxío Rey Fernández (1988)
Francisco Fernández del Riego (1987)
Xosé Antonio Silva (1986)
Jorge Víctor Sueiro (1985)
Antón Fraguas (1984 e 1977, 1976 -xunto a Román Torreiro-)
(Dos pregóns de 1978 a 1983 non constan datos)