Esta edición 2010 desenvolverase por vez primeira o concurso “A mellor foto da festa do queixo” dirixido ao público infantil e á mocidade (<18 anos). Así, na semana posterior ao evento os participantes deberán achegar un CD cun máximo de 5 imaxes (de calquera dia ou momento da festa) ben ao Concello de Arzúa ou ben enviando un correo electrónico ao enderezo info@festadoqueixo.org.
O CD ou o correo deberán ir acompañados dos datos de contacto e da idade do autor.
Data límite de recepción de propostas: venres 12 de marzo.
O xurado emitirá o fallo o venres 19 de marzo a fotografía gañadora e nome do autor/a serán publicados no blog e no web do evento.
premio: cámara dixital Canon IXUS 330, doada por electrodomésticos BENDAÑA S.L
Sorte para todos …e a facer fotos!!! ;-)