Contacto: María Xosé Crisóstomo. Tlfn. 620 882 298 // Correo: prensa@festadoqueixo.org
Ir á páxina de inicio da web da Festa do Queixo
Arzúa, 4 de febreiro de 2010
A Festa do Queixo de Arzúa xa ten confirmados dous dos grupos que formarán parte do cartel da 35 Edición. Os franceses «rinôçérôse», actuarán o sábado 6, e os galegos Mutenrohi, o domingo 7 de marzo. Novas actuacións musicais confirmaranse nos próximos días e daranse a coñecer na conferencia de prensa que se realizará para informar do programa musical e de actividades da Festa do Queixo 2010.
Como un cometa deixando a súa estela no firmamento «rinôçérôse» ten unha aureola
galáctica. Se tes escoitado as súas cancións non podes esquecelas, pasan a formar parte de ti, parte da experiencia cognoscitiva.
Puntualmente etiquetados como “French Touch” ou combo de Montpellier, teñen realizado unha excelente carreira internacional, sempre mesturando efectos visuais de última xeración con impactantes cancións coas que expresan novas sensacións ao seu público desde as súas orixes ata agora. Se “ver e sentir os sons” fóra natural, o acceso á música de «rinôçérôse» sería innato.
Unha das peculiaridades do grupo é que sempre convidan a participar nos seus albumes a distintos vocalista, aos cales conseguen sacarlles o mellor das súas voces cun enorme talento, é a poderosa razón pola que prestixiosos artistas se prestan ao xogo.
En Futurinô, o disco que presentarán en Arzúa, pódes gozar a Bnann de Infadels en “Head Like A Volcano”, a Mark Gardener de Ride en “Where You From?” e “Week-end Of Sin”, a Ninja (a super enerxética e sexy vocalista de The GO Team!) no single «Time Machine», Luke Paterson de Deaf Stereo cantando “Panic Attack” e “The Heroic Sculpture Of «rinôçérôse»” e a colaboración de dous compatriotas, Anna Muchin da banda indie cobSOn e Jessie Chaton, coñecido polos seu traballo con Justice en «D.A.N.C.E.» e por ser o aloucado líder da banda de glam-rock Fancy.
A «rinôçérôse», gústalle compoñer como unha fusión de moitas artes. En particular, a arte marxinal (Art Brut), coreografías, samples de computadoras e audiovisuais contemporáneos. Un proxecto tan marciano como auditivo, toda unha experiencia para Arzúa 2010.
Máis información en www.rinocerose.com
Mutenrohi, a banda liderada por Xoán Carlos Fasero, continua coa presentación do seu sétimo disco “SETE”, despois duns anos moi intensos, coa publicación do seu disco décimo aniversario en directo “…e van dez”; coa xira conxunta con Cristina Pato nos anos 2006 e 2007 ou a gravación do CD+DVD que leva por título “Misturados”.
Ademais, hai que engadir a súa xira polo Reino Unido ao longo destes tres últimos anos, que os levou a tocar cos míticos Wolfstone en Escocia ou con Supergrass no Solfest.
“Sete” representa a madurez da banda e a fusión definitiva do pop coa música tradicional galega, un paso máis na madurez desta xa clásica formación do folk galego coa que poderemos gozar na Festa do Queixo 2010.
Máis información en www.mutenrohi.com
O gañador da pasada edición, Daniel Camino Barral, volve gañar primeiro premio do Concurso de Carteis da Festa do Queixo de Arzúa, a súa obra será de novo o cartel anunciador da 35 edición da Festa do Queixo de Arzúa 2010.
Hoxe venres 29, ás 13:00 h, tivo lugar na Capela da Madalena de Arzúa a elección dos gañadores do CONCURSO DE CARTEIS ANUNCIADORES da 35 Festa do Queixo Arzúa 2010.
Daniel Camino Barral, gañador do ano pasado, volve gañar o primeiro premio e a súa obra será de novo o cartel anunciador da 35 edición da Festa do Queixo de Arzúa 2010. O xurado valorou a creatividade e a orixinalidade deste cartel, que consigue unha magnífica composición de gran impacto visual. O autor conxuga a fotografía, na que destaca un especial traballo de iluminación, coa tipografía para acadar o resultado final deste orixinal cartel. Segundo Daniel Camino, os bonecos que sosteñen o queixo representan ás diferentes persoas que de algunha maneira traballan e apoian o queixo de Arzúa.
1º premio: 600 EUROS
CARTAZ Nº: 2
Título Obra: “Imaxina”
Autor: Daniel Camino Barral
Profesión: Estudante Deseño Gráfico
Procedencia: Arzúa
O pasado 10 de xaneiro, o público, en votación popular, outorgoulle este premio ao que se presentaron máis de 40 pezas . Todos os orixinais permanecerán expostos ao público ata o 31 de xaneiro na Capela da Madalena de Arzúa
O cuarto premio do concurso de Carteis da XXXV edición da Festa do Queixo de Arzúa xa ten gañador, Alejandro Pampín. A súa peza foi elixida en votación popular o pasado 10 de xaneiro entre as 41 propostas presentadas este ano. Este e todos os carteis presentados nesta edición pódense ver ata o 31 de xaneiro na exposición que se está a celebrar na Capela da Madalena de Arzúa.
4º premio: AGASALLO ESPECIAL”FESTA DO QUEIXO”
Elixido en votación popular o pasado 10 de xaneiro.
Título Obra: “Queixo no camiño”
Estudante: Artes Gráficas
Autor: Alejandro Pampín
Procedencia: Arzúa
+información sobre Arzúa en www.concellodearzua.org