Contacto: María Xosé Crisóstomo. Tlfn. 620 882 298 // Correo: prensa@festadoqueixo.org
Ir á páxina de inicio da web da Festa do Queixo
Mañá continúa a programación musical coas actuacións de Anxo Lorenzo e Mutenrohi na Praza da Vila
Hoxe, ás 13.00 tivo lugar a inauguración Oficial da 35 Edición da Festa do Queixo, no acto participaron Don Xaquín García Couso, Alcalde do Concello de Arzúa; Don Xosé Luís García, Concelleiro de Cultura do Concello de Arzúa e Pres. Asoc.Festa do Queixo; Don Pablo Villamar Díaz, Vicepresidente da Deputación da Coruña; Don Carlos Vila, Director Xerente de Galicia Calidade e o escritor Séchu Sende, pregoeiro da 35 edición da Festa do Queixo.
Carla, Uxía e José, alumnos do colexio Atocha de Arzúa, foron os encargados de presentar e conducir o acto inaugural, no que tivo lugar a entrega de premios do Concurso de Cartaz Anunciador da 35 Festa do Queixo.
Séchu Sende, escritor ligado á defensa da identidade lingüística e activista social e cultural do noso país, non deixou pasar a oportunidade para reivindicar o uso do galego e a súa promoción por parte da administración, “todos somos responsables de manter o noso idioma”, “é unha aventura emocionante ser galego falante”. Un discurso lúcido e cheo de poesía no que de forma especial homenaxeou ao Queixo de Arzúa.”O queixo é a mellor marca de toda a comarca”.
O acto rematou coa fascinante actuación de Alba Lírica Gospel, que dunha forma divertida percorreu a traxectoria da música negra desde os seus comezos ata os nosos tempos.
Avance Programación: Domingo 7 de Marzo
Mañá, dentro do Recinto Feiral Terra do Queixo, poderemos visitar a exposición dos carteis participantes no “Concurso Cartaz Anunciador da Festa do Queixo” e ás 13.30 h degustación de queixo.
No exterior, os nenos poderán gozar do Circo de Pulgas e os menores de 18 anos poderán participar no Concurso de Fotografía, especialmente deseñado para eles. O programa musical continúa mañá coas actuacións musicais de Anxo Lorenzo, ás 19.30 h e Mutenrohi ás 21.00 h.
A Cafetería Ultreia resultou gañadora do concurso de pinchos e tapas que a Denominación de Orixe ArzúaUlloa e a Asociación de Hostaleiros de Arzúa organizaron esta semana como acto complementario á Festa do Queixo de Arzúa. O pincho, denominado “Saquiños Peregrinos” foi o que máis puntuación acadou na valoración do xurado, composto por 4 membros vinculados ao mundo da gastronomía.
Maña domingo ás 12.30 h, terá lugar a entrega do premio, outorgándolle ao gañador a distinción do Consello Regulador da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa. Os asistentes á Festa do Queixo poderán degustar ata este domingo os pinchos nos 15 bares e restaurantes que participaron nesta nova edición do concurso.
Gañador 2010
Cafetería Ultreia
“Saquiños Peregrinos”
O segundo posto do concurso foi para “Follado de Berenxena e Queixo Arzúa-Ulloa” da Pizzería O Rueiro, e no terceiro lugar ficaron as “Cremiñas com escuma de Queixo Arzúa-Ulloa” de Casa Chelo, gañador da pasada edición.
Tags Uncategorized
Zona de prensa da 35ª Festa do Queixo is proudly powered by
WordPress
Zero
Entries (RSS)
and Comments (RSS).