Contacto: María Xosé Crisóstomo. Tlfn. 620 882 298 // Correo: prensa@festadoqueixo.org
Ir á páxina de inicio da web da Festa do Queixo
A promoción da Festa do Queixo de Arzúa a través da rede e das novas tecnoloxías, está a desenvolverse de forma moi activa, o emprego de soportes de comunicación online como www.festadoqueixo.org, festadoqueixo.blogspot.com, os perfís en Facebook e Twitter e as novas ferramentas sociais na web 2.0, están a potenciar a presenza do queixo nas redes sociais dun xeito significativo.
As accións na internet, están a revelarse como ferramentas de construción claves para consolidar e abrir novos públicos. Peregrinos, prescritores dos medios de comunicación, convencionais e non convencionais, e moitos outros colectivos, están a responder de forma moi positiva por estar especialmente atentos á nosa realidade este ano Xacobeo 2010. Grazas a unha excelente relación cos usuarios, o número de seareiros na páxina de Facebook alcanza xa os 1200 e en Twitter podemos atopar numerosas mencións ao queixo de Arzúa.
Ademais, este ano uníronse ao queixo moitos novos colaboradores e provedores de diferentes sectores que teñen relación co evento: industria do queixo, aloxamento de turismo rural, hostalería e restauración, medios de comunicación, produción cultural… Por filosofía, estamos abertos e poñemos o evento a disposición do tecido asociativo e empresarial para ser empregado como plataforma para a súa difusión e promoción, pensamos que vai en beneficio de todos.
Tags Uncategorized
Zona de prensa da 35ª Festa do Queixo is proudly powered by
WordPress
Zero
Entries (RSS)
and Comments (RSS).