Ir á páxina de inicio da web da Festa do Queixo
Esgotados os stands para expositores profesionais
Xa se esgotaron os stands dispostos para expositores profesionais na 35 Edición da Festa do Queixo de Arzúa.
Máis de oitenta queixerías chegadas dos distintos territorios exporán os seus produtos no Recinto Feiral Terra do Queixo, no que poderemos atopar unha boa mostra das distintas Denominacións de Orixe que participan nesta edición.
O queixo galego estará ben representado no Recinto Feiral Terra do Queixo, as denominacións de orixe galegas, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro, teñen reservado o seu espazo.
Igualmente, a organización informa de que está confirmada a participación de queixerías de procedencia internacional, concretamente de Francia e Italia, e tamén do resto do estado como Menorca, Perineos (Huesca) ou de Taramundi (Asturias).
O Recinto Feiral Terra do Queixo permanecerá aberto ao público dous días completos en horario ininterrompido. O sábado 6 de marzo, a apertura de portas ao público terá lugar ás 11.00 h e permanecerá aberto ata ás 21.00 h; mentres que o domingo 7 de marzo, o horario será de 10.00 a 21.00 h.
Ademais dos expositores, o recinto feiral acolle exposicións e diferentes actos relacionados coa cultura, converténdose nun espazo de intercambio que nos achega ao mundo do queixo integrando actividades dirixidas ao seu coñecemento.
Tags Uncategorized
Leave a Reply