Contacto: María Xosé Crisóstomo. Tlfn. 620 882 298 // Correo: prensa@festadoqueixo.org
Ir á páxina de inicio da web da Festa do Queixo
Este xoves 25 de marzo ás 13:00 h, terá lugar no Telecentro do Concello de Arzúa a presentación da programación oficial da 35 edición da Festa do Queixo Arzúa.
A Festa do Queixo de Arzúa cumpre 35 anos. Durante os próximos 5,6 e 7 de marzo, o queixo de Arzúa- Ulloa será o protagonista desta cita gastronómica que comezou en 1975. O evento contempla nos seus alicerces aspectos como a tradición, a cultura e o turismo, entre outros, que xeran valor económico, e o consolidan como un proxecto de creación de valor arredor do produto e do territorio, ao tempo que o converten nunha cita fundamental e referencia cultural e gastronómicas de Galicia e do estado.
Arzúa adopta estes días un valor engadido desde a perspectiva cultural, económica, formativa e de lecer, a través dunha intensa e rica programación de actividades. Convidámosvos a todos a gozar do noso 35 aniversario!
Intervirán:
Xunto coa programación 2010 ao completo, presentarase oficialmente o web institucional www.festadoqueixo.org. así como a nova identidade do evento coa recén creada marca “festa do queixo”.
Tags Uncategorized
Zona de prensa da 35ª Festa do Queixo is proudly powered by
WordPress
Zero
Entries (RSS)
and Comments (RSS).