Contacto: María Xosé Crisóstomo. Tlfn. 620 882 298 // Correo: prensa@festadoqueixo.org
Ir á páxina de inicio da web da Festa do Queixo
Arzúa, 17 de febreiro de 2009
Os Vigueses Belöp, os asturianos Willy Naves e os Barceloneses de Vilanova i la Geltrú, Bongo Experience, son os tres finalistas da segunda edición do proxecto Queixo Maquetón, que se celebra no marco da programación da Festa do Queixo de Arzúa. Este ano, Queixo Maquetón recibiu un total de 30 proxectos chegados dende distintos puntos de España, converténdose de novo nunha referencia para o descubrimento de novas Bandas.
Descargue as fotos en alta resolución dos finalistas do Queixo Maquetón 2010
Ligazóns de interese:
Web de Willy Naves
Willy Naves en Twitter
Myspace de The Bongo Experience
Myspace de Belöp
O asturiano Willy Naves, presenta o seu proxecto persoal, despois de militar en varias bandas da escena asturiana. No verán de 2009 publica o seu primeiro EP de estudio autofinanciado titulado “La Casa de la Playa”, un Ep que tivo unha grande acollida entre a crítica especializada enmarcándoo como un dos grandes Ep´s do pasado ano. Por outra banda, acaba de ser seleccionado pola prestixiosa revista Mondosonoro para actuar nas súas Fiestas Demoscópicas, onde amosan o seu directo as bandas españolas máis prometedoras.
Dende Vilanova i la Geltrú chegan Bongo Experience, semifinalistas no pasado ano e que nesta segunda edición regresan á final cun estilo enérxico, bailable, moderno e innovador. Foron gañadores do concurso nacional de músicos amateur no 2008, seleccionados para o recompilatorio Mejores Talentos Myspace e recentemente elixidos como grupo revelación do mes de outubro polo coñecido webzine El Detonador.
Si o pasado ano eran os vigueses Maryland, este ano a representación galega no Queixo Maquetón volve dende a cidade Olívica con Belöp. Este Trío chega á final despois de ter unha boa acollida en Internet e presentar a súa música dentro e fóra de Galicia, gravando en maqueta tres temas que formarán parte do seu primeiro disco, acadando ademais o premio de mellor maqueta do ano 2009 no prestixioso certame Maketón Estrella Galicia dos 40 Principales.
A final será o día 6 de marzo a partires das 6 da tarde na Praza da Vila de Arzúa. O gañador será o encargado de pechar os concertos da xornada despois das actuacións no Campo da Feira dos franceses <
Willy Naves presenta os eu proxecto persoal, despois de militar en varias bandas da escena asturiana como Entropía ou Motel Blues. Durante os primeiros meses de andadura auto produce e grava no seu “Home Studio” catro temas que, en forma de Singles, atopan unha gran acollida en Myspace.
Ao mesmo tempo presenta o seu directo polas salas e auditorios asturianos, tanto en acústico como en eléctrico acompañado por banda. Especial éxito de público e crítica supón o seu concerto na sala Orange Café de Madrid, evento patrocinado por Orange nunha serie de concertos chamados “Una y no más”, nos que tamén actúan Pignoise, Jaula de Grillos ou Vega, entre outros.
En agosto de 2009 publica o seu primeiro EP de estudio, “La casa de la playa”, que conta con Sergio Sastre a cargo da produción e con Zahara na dirección vocal. A crítica enmarcouno como un dos mellores EP’s do ano nos principais Blogs e Magazines musicais do país, e Mondosonoro elixiuno como Mejor Demo del Año 2009 en Asturias.
Ao longo do ano 2009 foi elixido finalista do Concurso de Maquetas 40 Principales, ten participado no Festival Derrame Rock, dentro do marco do concurso de maquetas, e logrou colocarse na final de importantes concursos como o XII Concurso de Rock Ciudad de Oviedo ou o Concurso de Maquetas CISLAN. Recentemente foi seleccionado Artista Demoscópico pola publicación Mondosonoro e actuará nas súas coñecidas Fiestas Demoscópicas en Febreiro de 2010, onde amosan o seu directo as bandas máis prometedoras do país.

A paixón pola música levou a Fabio, voz e guitarra; Calia, batería e David, baixo, a formar unha banda para expresar as súas inquietudes musicais. Así naceu Belöp en decembro de 2007.
Xa en xaneiro de 2008 finalizan a gravación da súa primeira maqueta titulada ‘Sometimes people need something like this’. Despois de sementar unha boa acollida en Internet y de presentarse dentro e fóra da xeografía galega, deciden tomarse un respiro para dedicarse por enteiro á composición.
Un ano máis tarde faise visible o resultado coa grabación de 3 temas en maqueta “Dancing with a purple octopus”, o seu primeiro traballo serio. A banda, coñecida por deixar participar aos fans nos seus concertos, ten rodado por todo o territorio español e a súa música ten soado en cidades como Barcelona, Madrid, Santander ou Gijón. Ademais, acaban de recibir o premio da música Maketón Estrella Galicia 2009 á mellor Maqueta do ano.
En 2010, Belöp empeza forte co seu novo single “Come up with your own moves”, Gonso Pedrido, o famoso productor vigués, logrou darlle un xiro significativo ao son da banda. A frescura impactante deste trío e as súas cancións directas e efectivas darán moito que falar nos próximos meses, para empezar, xa conseguiron meterse na final de Queixo Maquetón.

The Bongo Experience nace en xaneiro de 2007 froito da conexión musical e persoal entre catro amigos dunha mesma cidade, Vilanova i la Geltrú (Barcelona). Orixinarios de estilos ben diversos como son: o Funk, o Rock, Indie ou o Punk e seducidos pola variña da electrónica.
The Bongo Experience é unha banda viva, enérxica e moi bailable, cun son e un estilo moi persoal, moderno e innovador. A súa música parte dun concepto híbrido entre la programación e a interpretación, Drum&Bass, jungle e electro-punk, son os estilos que máis definen á banda.
As influencias de grupos como The Police, Led Zeppelin, Incubus, Blink182 ou Radiohead, manteñen a súa actitude aberta á experimentación e á fusión de diversos xéneros musicais. Os músicos de The Bongo Experience proveñen dunha formación musical complexa que se reflicte nas harmonías e melodías das súas composicións, xerando un son fresco, orixinal e, á vez, pegadizo.
Ganadores do Concurso Nacional de Músicos Amateurs 2008, seleccionados para o recompilatorio Mejores Talentos Myspace e elixidos recentemente como Grupo Revelación do mes de outubro polo coñecido webzine El Detonador; The Bongo Experience segue fortalecendo a súa corta traxectoria con premios e méritos que avalan a súa enorme proxección, traballando día a día sen esquecer a esencia dos seus valores: a independencia para experimentar, a experimentación para crear e a creatividade para poder crecer.
Tags Uncategorized
Zona de prensa da 35ª Festa do Queixo is proudly powered by
WordPress
Zero
Entries (RSS)
and Comments (RSS).