Contacto: María Xosé Crisóstomo. Tlfn. 620 882 298 // Correo: prensa@festadoqueixo.org
Ir á páxina de inicio da web da Festa do Queixo
Exposicións, degustacións, catas, obradoiros, concursos e concertos, contaron con numeroso público.
Gran participación nas actividades culturais e musicais da Festa do Queixo. Exposicións, degustacións, catas, obradoiros, concursos e concertos, contaron con numeroso público.
As actuacións de Anxo Lorenzo e Mutenrohi despediron onte a programación da 35 edición da Festa do Queixo de Arzúa. Atraídas polo queixo e unha ampla programación musical e cultural, coa que se identifica esta cita, máis de 40000 persoas visitaron Arzúa durante a fin de semana da celebración dunha das citas gastronómicas máis importante do noso país.
Xunto co número de visitantes, a venda de queixo foi un éxito este ano, os produtores venderon miles de kilos e mesmo algúns dos stands esgotaron as existencias superando a previsión de ventas. Por segundo ano o Recinto Feiral Terra do Queixo permaneceu aberto ao público durante dous días en horario ininterrompido, o que favoreceu o achegamento de profesionais do sector e do público.
Por primeira vez, a promoción da Festa do Queixo de Arzúa desenvolveuse a través da rede e das novas tecnoloxías. O emprego de soportes de comunicación online como www.festadoqueixo.org, festadoqueixo.blogspot.com, os perfís en Facebook e Twitter e as novas ferramentas sociais na web 2.0, potenciaron a presenza do queixo nas redes sociais dun xeito significativo e convertéronse en ferramentas claves para consolidar e abrir novos públicos. Así, o queixo de Arzúa manterá activamente o seu espazo na rede durante todo o ano.
Ademais, este ano uníronse ao queixo moitos novos colaboradores e provedores de diferentes sectores relacionados co evento: industria do queixo, aloxamento de turismo rural, hostalería e restauración, medios de comunicación, produción cultural… Por filosofía e en beneficio de todos, púxose o evento a disposición do tecido asociativo e empresarial para ser empregado como plataforma para a súa difusión e promoción.
O cartaz anunciador da 35 edición foi todo un éxito. Daniel Camino, gañador do concurso, acertou de cheo cunha orixinal imaxe que reflicte á perfección o espírito da Festa do Queixo, onde representou a toda a xente que traballa a prol do queixo de Arzúa e a todos os que, dalgún xeito, teñen colaborado para que o éxito da Festa do Queixo de Arzúa sexa unha realidade.
O sábado, tras a inauguración oficial na que participaron Don Xaquín García Couso, Alcalde do Concello de Arzúa; Don Xosé Luís García, Concelleiro de Cultura do Concello de Arzúa e Pres. Asoc.Festa do Queixo; Don Pablo Villamar Díaz, Vicepresidente da Deputación da Coruña e Don Carlos Vila, Director Xerente de Galicia Calidade, o escritor Séchu Sende, pregoeiro da 35 edición da Festa do Queixo ofreceunos un discurso lúcido e cheo de poesía no que de forma especial homenaxeou ao Queixo de Arzúa: ”O queixo é a mellor marca de toda a comarca”.
Ademais do queixo, esta edición contou cunha ampla programación musical e cultural que se desenvolveu durante toda a fin de semana. Exposicións, degustacións, obradoiros, catas, pasarrúas, concursos ou concertos, contaron cun alto nivel de participación por parte do público.
Especial atención se dedicou á programación para o público infantil e xuvenil que participaron activamente nas actividades e obradoiros deseñados para eles como a Caixiña de Mistos, plataforma itinerante de exhibición audiovisual, que engaiolou aos máis cativos; o obradoiro “Stop motion” onde os nenos crearon pequenas pezas audiovisuais de animación con plastilina, o Concurso de Fotografía, para procurar de “A mellor foto da festa do queixo” ou o Obradoiro de Graffiti, para maiores de 14 anos.
Unha das propostas desta edición, que por cuarto ano conquista ao público, foi o concurso de tapas e petiscos, organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa e a Asociación de Hostaleiros de Arzúa, na que participaron 16 locais de restauración. Os “saquiños peregrinos“ de Cafetería Ultreia fixéronse co primeiro premio, mentres que o segundo posto do concurso foi para “Follado de Berenxena e Queixo Arzúa-Ulloa” de Pizzería O Rueiro, e no terceiro lugar ficaron as “Cremiñas com escuma de Queixo Arzúa-Ulloa” de Casa Chelo, gañador da pasada edición.
A música, sempre presente, comezou o sábado coa fascinante actuación de Alba Lírica Gospel, que dunha forma divertida percorreu a traxectoria da música negra desde os seus comezos ata os nosos tempos.
A partires das 18.00 h celebrouse na Praza da Vila a final do concurso de maquetas Queixo Maquetón, todo un éxito con máis de 30 traballos recibidos. Despois da actuación dos tres grupos finalistas: Willy Naves, Bongo Experience e Belöp, chegados desde Asturias, Galiza e Catalunya, respectivamente. O xurado fallou a favor de Bëlop, valorando a súa orixinal posta en escena e o seu estilo fresco e innovador para convertelos en gañadores do Queixo Maquetón 2010.
O programa musical do sábado reuniu a miles de persoas para gozar das actuacións de Second e <
Zona de prensa da 35ª Festa do Queixo is proudly powered by
WordPress
Zero
Entries (RSS)
and Comments (RSS).