Contacto: María Xosé Crisóstomo. Tlfn. 620 882 298 // Correo: prensa@festadoqueixo.org
Ir á páxina de inicio da web da Festa do Queixo
Onte sábado tivo lugar a final da segunda edición do concurso “Queixo Maquetón 2010”. A partir das 18.00 h, os tres finalistas tiveron a oportunidade de amosar o seu potencial ante o numeroso público que se congregaba na Praza da Vila de Arzúa. Willy Naves, Bongo Experience e Belöp; chegados desde Asturias, Galiza e Catalunya, respectivamente, subiron ao escenario para gañarse ao público cos seus intensos directos.
O xurado, composto por destacados profesionais vinculados ao mundo da música, emitiu o seu fallo dando como gañador a Bëlop. A pesar da incrible calidade das tres formacións, o xurado elixiu a Bëlop por unanimidade, valorando especialmente a súa orixinal posta en escena e o seu estilo fresco e innovador para convertelos en gañadores do Queixo Maquetón 2010.
Como estaba previsto, o concerto do grupo gañador do Queixo Maquetón pechou a programación musical da xornada. Xa como gañadores, os vigueses subiron ao escenario dispostos a ofrecer o seu mellor concerto, a forza da banda deixouse sentir en todas as cancións conseguindo a complicidade do público.
Despois do éxito da edición anterior, o concurso de maquetas Queixo Maquetón aumentou este ano o número de maquetas recibidas, máis de 30 traballos de incrible calidade chegaron a Radio Arzúa para participar no concurso nesta segunda edición.
O obxectivo de Queixo Maquetón, organizado por José Ramón Bermúdez, é descubrir novas estrelas e propostas de futuro, bandas novas en busca dunha oportunidade para amosar a súa música. Unha iniciativa con futuro que espera ampliar en próximas edicións.
Belöp| Galiza
Gañador Queixo Maquetón 2010
A paixón pola música levou a Fabio, voz e guitarra; Calia, batería e David, baixo, a formar unha banda para expresar as súas inquietudes musicais. Así naceu Belöp en decembro de 2007.
Xa en xaneiro de 2008 finalizan a gravación da súa primeira maqueta titulada ‘Sometimes people need something like this’. Despois de sementar unha boa acollida en Internet e presentarse dentro e fóra da xeografía galega, deciden tomarse un respiro para dedicarse por enteiro á composición.
Un ano máis tarde faise visible o resultado coa gravación de 3 temas en maqueta “Dancing with a purple octopus”, o seu primeiro traballo serio. A banda, coñecida por deixar participar aos fans nos seus concertos, ten rodado por todo o territorio español e a súa música ten soado en cidades como Barcelona, Madrid, Santander ou Gijón. Ademais, acaban de recibir o premio da música Maketón Estrella Galicia 2009 á mellor Maqueta do ano.
En 2010, Belöp empeza forte co seu novo single “Come up with your own moves”, Gonso Pedrido, o famoso productor vigués, logrou darlle un xiro significativo ao son da banda. A frescura impactante deste trío e as súas cancións directas e efectivas darán moito que falar nos próximos meses.
Tags Uncategorized
Zona de prensa da 35ª Festa do Queixo is proudly powered by
WordPress
Zero
Entries (RSS)
and Comments (RSS).