Contacto: María Xosé Crisóstomo. Tlfn. 620 882 298 // Correo: prensa@festadoqueixo.org
Ir á páxina de inicio da web da Festa do Queixo
Miles de persoas gozaron das actuacións de Second e <
Os Vigueses Belöp, gañadores do concurso de maquetas Queixo Maquetón 2010.
Numeroso público achegouse ata Arzúa para visitar a Festa do Queixo durante a xornada do sábado, na que as actividades culturais contaron con ampla participación.
Onte, ás 13.00 tivo lugar a inauguración Oficial da 35 Edición da Festa do Queixo, no acto participaron Don Xaquín García Couso, Alcalde do Concello de Arzúa; Don Xosé Luís García, Concelleiro de Cultura do Concello de Arzúa e Pres. Asoc.Festa do Queixo; Don Pablo Villamar Díaz, Vicepresidente da Deputación da Coruña; Don Carlos Vila, Director Xerente de Galicia Calidade e o escritor Séchu Sende, pregoeiro da 35 edición da Festa do Queixo.
Carla, Uxía e José, alumnos do colexio Atocha de Arzúa, foron os encargados de presentar e conducir o acto inaugural, no que tivo lugar a entrega de premios do Concurso de Cartaz Anunciador da 35 Festa do Queixo.
Séchu Sende, escritor ligado á defensa da identidade lingüística e activista social e cultural do noso país, non deixou pasar a oportunidade para reivindicar o uso do galego e a súa promoción por parte da administración, “todos somos responsables de manter o noso idioma”, “é unha aventura emocionante ser galego falante”. Un discurso lúcido e cheo de poesía no que de forma especial homenaxeou ao Queixo de Arzúa.”O queixo é a mellor marca de toda a comarca”.
O acto rematou coa fascinante actuación de Alba Lírica Gospel, que dunha forma divertida percorreu a traxectoria da música negra desde os seus comezos ata os nosos tempos.
O programa musical do sábado reuniu a miles de persoas para gozar das actuacións de Second e <
O concurso de maquetas Queixo Maquetón celebrouse na Praza da Vila a partires das 18.00 h. Despois da actuación dos tres grupos finalistas: Willy Naves, Bongo Experience e Belöp, chegados desde Asturias, Galiza e Catalunya, respectivamente, o xurado fallou a favor de Bëlop que, xa como gañador do Queixo Maquetón 2010, protagonizou o último concerto da xornada á 01.30 da madrugada na Praza da Vila.
Domingo 7 de marzo
A xornada do domingo comezou coa apertura do Recinto Feiral ás 10.00 h, miles de persoas percorreron os stands durante a mañá e participaron nas actividades programadas, entre as que destacan a exposición dos carteis participantes no “Concurso Cartaz Anunciador da Festa do Queixo”, a degustación de queixo, catas comentadas de queixo con mel e outros produtos o pasarrúas do grupo Reviravoltas ou as actuacións musicais da Compañía Gostoso Pa + e o espectáculo fascinante de Alba Lírica Gospel.
No exterior, os nenos puideron gozar da Caixiña de Mistos, plataforma itinerante de exhibición audiovisual que engaiolou aos máis cativos e os menores de 18 anos poderán participar no Concurso de Fotografía, especialmente deseñado para eles. Ademais, ao longo da xornada realizáronse tomas de fotografía aérea que nos achegan imaxes da Vila nesta xornada da Festa do Queixo.
A música continuará esta tarde coas actuacións de Anxo Lorenzo, ás 19.30 e Mutenrohi, ás 21.00, ambas na Praza de Galicia.
Tags Uncategorized
Zona de prensa da 35ª Festa do Queixo is proudly powered by
WordPress
Zero
Entries (RSS)
and Comments (RSS).