Zona de prensa da 35ª Festa do Queixo

Atraídas polo queixo e a programación musical e cultural, máis de 40000 persoas participaron na 35 edición da Festa do Queixo
Exposicións, degustacións, catas, obradoiros, concursos e concertos, contaron con numeroso público.

Gran participación nas actividades culturais e musicais da Festa do Queixo. Exposicións, degustacións, catas, obradoiros, concursos e concertos, contaron con numeroso público.

As actuacións de Anxo Lorenzo e Mutenrohi despediron onte a programación da 35 edición da Festa do Queixo de Arzúa.  Atraídas polo queixo e unha ampla programación musical e cultural, coa que se identifica esta cita, máis de 40000 persoas visitaron Arzúa durante a fin de semana da celebración dunha das citas gastronómicas máis importante do noso país.

Xunto co número de visitantes, a venda de queixo foi un éxito este ano, os produtores venderon miles de kilos e mesmo algúns dos stands esgotaron as existencias superando a previsión de ventas. Por segundo ano o Recinto Feiral Terra do Queixo permaneceu aberto ao público durante dous días en horario ininterrompido, o que favoreceu o achegamento de profesionais do sector e do público.

Por primeira vez, a promoción da Festa do Queixo de Arzúa desenvolveuse a través da rede e das novas tecnoloxías. O emprego de soportes de comunicación online como www.festadoqueixo.org, festadoqueixo.blogspot.com, os perfís en Facebook e Twitter e as novas ferramentas sociais na web 2.0, potenciaron a presenza do queixo nas redes sociais dun xeito significativo e convertéronse en ferramentas claves para consolidar e abrir novos públicos. Así, o queixo de Arzúa manterá activamente o seu espazo na rede durante todo o ano.

Ademais, este ano uníronse ao queixo moitos novos colaboradores e provedores de diferentes sectores relacionados co evento: industria do queixo, aloxamento de turismo rural, hostalería e restauración, medios de comunicación, produción cultural… Por filosofía e en beneficio de todos, púxose o evento a disposición do tecido asociativo e empresarial para ser empregado como plataforma para a súa difusión e promoción.

O cartaz anunciador da 35 edición foi todo un éxito. Daniel Camino, gañador do  concurso, acertou de cheo cunha orixinal imaxe que reflicte á perfección o espírito da Festa do Queixo, onde representou a toda a xente que traballa a prol do queixo de Arzúa e a todos os que, dalgún xeito, teñen colaborado para que o éxito da Festa do Queixo de Arzúa sexa unha realidade.

O sábado, tras a inauguración oficial na que participaron Don Xaquín García Couso, Alcalde do Concello de Arzúa; Don Xosé Luís García, Concelleiro de Cultura do Concello de Arzúa e Pres. Asoc.Festa do Queixo; Don Pablo Villamar Díaz, Vicepresidente da Deputación da Coruña e Don Carlos Vila, Director Xerente de Galicia Calidade, o escritor Séchu Sende, pregoeiro da 35 edición da Festa do Queixo ofreceunos un discurso lúcido e cheo de poesía no que de forma especial homenaxeou ao Queixo de Arzúa: ”O queixo é a mellor marca de toda a comarca”.

Ademais do queixo, esta edición contou cunha ampla programación musical e cultural que se desenvolveu durante toda a fin de semana. Exposicións, degustacións, obradoiros, catas, pasarrúas, concursos ou concertos, contaron cun alto nivel de participación por parte do público.

Especial atención se dedicou á programación para o público infantil e xuvenil que participaron activamente nas actividades e obradoiros deseñados para eles como a Caixiña de Mistos, plataforma itinerante de exhibición audiovisual, que engaiolou aos máis cativos; o obradoiro “Stop motion” onde os nenos crearon pequenas pezas audiovisuais de animación con plastilina, o Concurso de Fotografía, para procurar de “A mellor foto da festa do queixo” ou o Obradoiro de Graffiti, para maiores de 14 anos.

Unha das propostas desta edición, que por cuarto ano conquista ao público, foi o concurso de tapas e petiscos, organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa e a Asociación de Hostaleiros de Arzúa, na que participaron 16 locais de restauración. Os “saquiños peregrinos“ de Cafetería Ultreia fixéronse co primeiro premio, mentres que o segundo posto do concurso foi para “Follado de Berenxena e Queixo Arzúa-Ulloa” de Pizzería O Rueiro, e no terceiro lugar ficaron as “Cremiñas com escuma de Queixo Arzúa-Ulloa” de Casa Chelo, gañador da pasada edición.

A música, sempre presente, comezou o sábado coa fascinante actuación de Alba Lírica Gospel, que dunha forma divertida percorreu a traxectoria da música negra desde os seus comezos ata os nosos tempos.

A partires das 18.00 h celebrouse na Praza da Vila a final do concurso de maquetas Queixo Maquetón, todo un éxito con máis de 30 traballos recibidos. Despois da actuación dos tres grupos finalistas: Willy Naves, Bongo Experience e Belöp, chegados desde Asturias, Galiza e Catalunya, respectivamente. O xurado fallou a favor de Bëlop, valorando a súa orixinal posta en escena e o seu estilo fresco e innovador para convertelos en gañadores do Queixo Maquetón 2010.

O programa musical do sábado reuniu a miles de persoas para gozar das actuacións de Second e <<rinôçérôse>>, os  franceses cumpriron as expectativas e realizaron un incrible concerto no Campo da Feira, totalmente repleto de público. Xa como gañador do Queixo Maquetón 2010, Belöp protagonizou o último concerto da xornada á 01.30 da madrugada na Praza da Vila. O Festival Folk celebrouse o domingo 7  coas actuacións de  Anxo Lorenzo e Mutenrohi, que puxeron fin as actuacións musicais desta edición.

O grupo vigués Bëlop, gañador do concurso de maquetas Queixo Maquetón 2010
Onte sábado tivo lugar a final da segunda edición do concurso “Queixo Maquetón 2010”. A partir das 18.00 h, os tres finalistas tiveron a oportunidade de amosar o seu potencial ante o numeroso público que se congregaba na Praza da Vila de Arzúa. Willy Naves, Bongo Experience e Belöp; chegados desde Asturias, Galiza e Catalunya, respectivamente, subiron ao escenario para gañarse ao público cos seus intensos directos.

O xurado, composto por destacados profesionais vinculados ao mundo da música, emitiu o seu fallo dando como gañador a Bëlop. A pesar da incrible calidade das tres formacións, o xurado elixiu a Bëlop por unanimidade, valorando especialmente a súa orixinal posta en escena e o seu estilo fresco e innovador para convertelos en gañadores do Queixo Maquetón 2010.

Como estaba previsto, o concerto do grupo gañador do Queixo Maquetón pechou a programación musical da xornada. Xa como gañadores, os vigueses subiron ao escenario dispostos a  ofrecer o seu mellor concerto, a forza da banda deixouse sentir en todas as cancións conseguindo a complicidade do público.

Despois do éxito da edición anterior, o concurso de maquetas Queixo Maquetón aumentou este ano o número de maquetas recibidas, máis de 30 traballos de incrible calidade chegaron a Radio Arzúa para participar no concurso nesta segunda edición.

O obxectivo de Queixo Maquetón, organizado por José Ramón Bermúdez, é descubrir novas estrelas e propostas de futuro, bandas novas en busca dunha oportunidade para amosar a súa música. Unha iniciativa con futuro que espera ampliar en próximas edicións.

Belöp| Galiza

Gañador Queixo Maquetón 2010

A paixón pola música levou a Fabio, voz e guitarra; Calia, batería e David, baixo, a formar unha banda para expresar as súas inquietudes musicais. Así naceu Belöp en decembro de 2007.

Xa en xaneiro de 2008 finalizan a gravación da súa primeira maqueta titulada ‘Sometimes people need something like this’. Despois de sementar unha boa acollida en Internet e presentarse dentro e fóra da xeografía galega, deciden tomarse un respiro para dedicarse por enteiro á composición.

Un ano máis tarde faise visible o resultado coa gravación de 3 temas en maqueta “Dancing with a purple octopus”, o seu primeiro traballo serio. A banda, coñecida por deixar participar aos fans nos seus concertos, ten rodado por todo o territorio español e a súa música ten soado en cidades como Barcelona, Madrid, Santander ou Gijón. Ademais, acaban de recibir o premio da música Maketón Estrella Galicia 2009 á mellor Maqueta do ano.

En 2010, Belöp empeza forte co seu novo single “Come up with your own moves”, Gonso Pedrido, o famoso productor vigués, logrou darlle un xiro significativo ao son da banda. A frescura impactante deste trío e as súas cancións directas e efectivas darán moito que falar nos próximos meses.

Gran participación nas actividades culturais e musicais da Festa do Queixo
Miles de persoas gozaron das actuacións de Second e <<rinôçérôse>>, que realizaron un incrible concerto.

Os Vigueses Belöp, gañadores do concurso de maquetas Queixo Maquetón 2010.

Numeroso público achegouse ata Arzúa para visitar a Festa do Queixo durante a xornada do sábado, na que as actividades culturais contaron con ampla participación.

Onte, ás 13.00 tivo lugar a inauguración Oficial da 35 Edición da Festa do Queixo, no acto participaron Don Xaquín García Couso, Alcalde do Concello de Arzúa; Don Xosé Luís García, Concelleiro de Cultura do Concello de Arzúa e Pres. Asoc.Festa do Queixo; Don Pablo Villamar Díaz, Vicepresidente da Deputación da Coruña; Don Carlos Vila, Director Xerente de Galicia Calidade e o escritor Séchu Sende, pregoeiro da 35 edición da Festa do Queixo.

Carla, Uxía e José, alumnos do colexio Atocha de Arzúa, foron os encargados de presentar e conducir o acto inaugural, no que tivo lugar a entrega de premios do Concurso de Cartaz Anunciador da 35 Festa do Queixo.

Séchu Sende, escritor ligado á defensa da identidade lingüística e activista social e cultural do noso país, non deixou pasar a oportunidade para reivindicar o uso do galego e a súa promoción por parte da administración, “todos somos responsables de manter o noso idioma”, “é unha aventura emocionante ser galego falante”. Un discurso lúcido e cheo de poesía no que de forma especial homenaxeou ao Queixo de Arzúa.”O queixo é a mellor marca de toda a comarca”.

O acto rematou coa fascinante actuación de Alba Lírica Gospel, que dunha forma divertida percorreu a traxectoria da música negra desde os seus comezos ata os nosos tempos.

O programa musical do sábado reuniu a miles de persoas para gozar das actuacións de Second e <<rinôçérôse>>, os  franceses cumpriron as expectativas e realizaron un incrible concerto no Campo da Feira, totalmente repleto de público.

O concurso de maquetas Queixo Maquetón celebrouse na Praza da Vila a partires das 18.00 h. Despois da actuación dos tres grupos finalistas: Willy Naves, Bongo Experience e Belöp, chegados desde Asturias, Galiza e Catalunya, respectivamente, o xurado fallou a favor de Bëlop que, xa como gañador do Queixo Maquetón 2010, protagonizou o último concerto da xornada á 01.30 da madrugada na Praza da Vila.

Domingo 7 de marzo

A xornada do domingo comezou coa apertura do Recinto Feiral ás 10.00 h, miles de persoas percorreron os stands durante a mañá e participaron nas actividades programadas, entre as que destacan a exposición dos carteis participantes no “Concurso Cartaz Anunciador da Festa do Queixo”, a degustación de queixo, catas comentadas de queixo con mel e outros produtos o pasarrúas do grupo Reviravoltas ou as actuacións musicais da Compañía Gostoso Pa + e o espectáculo fascinante de Alba Lírica Gospel.

No exterior, os nenos puideron gozar da Caixiña de Mistos, plataforma itinerante de exhibición audiovisual que engaiolou aos máis cativos e os menores de 18 anos poderán participar no Concurso de Fotografía, especialmente deseñado para eles. Ademais, ao longo da xornada realizáronse tomas de fotografía aérea que nos achegan imaxes da Vila  nesta xornada da Festa do Queixo.

A música  continuará esta tarde coas actuacións de Anxo Lorenzo, ás 19.30 e Mutenrohi, ás 21.00, ambas na Praza de Galicia.

A inauguración oficial da 35 edición da Festa do Queixo deu paso a intensa programación cultural e musical da xornada do sábado
Mañá continúa a  programación musical coas actuacións de Anxo Lorenzo e Mutenrohi na Praza da Vila

Hoxe, ás 13.00 tivo lugar a inauguración Oficial da 35 Edición da Festa do Queixo, no acto participaron Don Xaquín García Couso, Alcalde do Concello de Arzúa; Don Xosé Luís García, Concelleiro de Cultura do Concello de Arzúa e Pres. Asoc.Festa do Queixo; Don Pablo Villamar Díaz, Vicepresidente da Deputación da Coruña; Don Carlos Vila, Director Xerente de Galicia Calidade e o escritor Séchu Sende, pregoeiro da 35 edición da Festa do Queixo.

Carla, Uxía e José, alumnos do colexio Atocha de Arzúa, foron os encargados de presentar e conducir o acto inaugural, no que tivo lugar a entrega de premios do Concurso de Cartaz Anunciador da 35 Festa do Queixo.

Séchu Sende, escritor ligado á defensa da identidade lingüística e activista social e cultural do noso país, non deixou pasar a oportunidade para reivindicar o uso do galego e a súa promoción por parte da administración, “todos somos responsables de manter o noso idioma”, “é unha aventura emocionante ser galego falante”. Un discurso lúcido e cheo de poesía no que de forma especial homenaxeou ao Queixo de Arzúa.”O queixo é a mellor marca de toda a comarca”.

O acto rematou coa fascinante actuación de Alba Lírica Gospel, que dunha forma divertida percorreu a traxectoria da música negra desde os seus comezos ata os nosos tempos.

Avance Programación:  Domingo 7 de Marzo

Mañá, dentro do Recinto Feiral Terra do Queixo, poderemos visitar a exposición dos carteis participantes no “Concurso Cartaz Anunciador da Festa do Queixo”  e ás 13.30 h degustación de queixo.

No exterior, os nenos poderán gozar do Circo de Pulgas e os menores de 18 anos poderán participar no Concurso de Fotografía, especialmente deseñado para eles. O programa musical continúa mañá coas actuacións musicais de Anxo Lorenzo, ás 19.30 h e  Mutenrohi ás 21.00 h.

Xá temos Gañador do Concurso Tapas e Petiscos

A Cafetería Ultreia resultou gañadora do concurso de pinchos e tapas que a Denominación de Orixe ArzúaUlloa e a Asociación de Hostaleiros de Arzúa organizaron esta semana como acto complementario á Festa do Queixo de Arzúa. O pincho, denominado “Saquiños Peregrinos” foi o que máis puntuación acadou na valoración do xurado, composto por 4 membros vinculados ao mundo da gastronomía.

Maña domingo ás 12.30 h, terá lugar a entrega do premio, outorgándolle ao gañador a distinción do Consello Regulador da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa. Os asistentes á Festa do Queixo poderán degustar ata este domingo os pinchos nos 15 bares e restaurantes que participaron nesta nova edición do concurso.

Gañador 2010

Cafetería Ultreia

“Saquiños Peregrinos”

O segundo posto do concurso foi para “Follado de Berenxena e Queixo Arzúa-Ulloa” da Pizzería O Rueiro, e no terceiro lugar ficaron as “Cremiñas com escuma de Queixo Arzúa-Ulloa” de Casa Chelo, gañador da pasada edición.

O Queixo de Arzúa logra unha magnífica acollida en internet
A promoción da Festa do Queixo de Arzúa a través da rede e das novas tecnoloxías, está a desenvolverse de forma moi activa, o emprego de soportes de comunicación online como www.festadoqueixo.org, festadoqueixo.blogspot.com, os perfís en Facebook e Twitter e as novas ferramentas sociais na web 2.0, están a potenciar a presenza do queixo nas redes sociais dun xeito significativo.

As accións na internet, están a revelarse como ferramentas de construción claves para consolidar e abrir novos públicos. Peregrinos, prescritores dos medios de comunicación, convencionais e non convencionais, e moitos outros colectivos, están a responder de forma moi positiva por estar especialmente atentos á nosa realidade este ano Xacobeo 2010. Grazas a unha excelente relación cos usuarios, o número de seareiros na páxina de Facebook  alcanza xa os 1200 e en Twitter podemos atopar numerosas mencións ao queixo de Arzúa.

Ademais, este ano uníronse ao queixo moitos novos colaboradores e provedores de diferentes sectores que teñen relación co evento: industria do queixo, aloxamento de turismo rural, hostalería e restauración, medios de comunicación, produción cultural… Por filosofía, estamos abertos e poñemos o evento a disposición do tecido asociativo e empresarial para ser empregado como plataforma para a súa difusión e promoción, pensamos que vai en beneficio de todos.

Esgotados os stands para expositores profesionais
Xa se esgotaron os stands dispostos para expositores profesionais na 35 Edición da Festa do Queixo de Arzúa.

Máis de oitenta queixerías chegadas dos distintos territorios exporán os seus produtos no Recinto Feiral Terra do Queixo, no que poderemos atopar unha boa mostra das distintas Denominacións de Orixe que participan nesta edición.

O queixo galego estará ben representado no Recinto Feiral Terra do Queixo, as denominacións de orixe galegas, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro, teñen reservado o seu espazo.

Igualmente, a organización informa de que está confirmada a participación de queixerías de procedencia internacional, concretamente de Francia e Italia, e tamén do resto do estado como Menorca, Perineos (Huesca) ou de Taramundi (Asturias).

O Recinto Feiral Terra do Queixo permanecerá aberto ao público dous días completos en horario ininterrompido. O sábado 6 de marzo, a apertura de portas ao público terá lugar ás 11.00 h e permanecerá aberto ata ás 21.00 h; mentres que o domingo 7 de marzo, o horario será de 10.00 a 21.00 h.

Ademais dos expositores, o recinto feiral acolle exposicións e diferentes actos relacionados coa cultura, converténdose nun espazo de intercambio que nos achega ao mundo do queixo integrando actividades dirixidas ao seu coñecemento.

Convocatoria de Prensa
Este xoves 25 de marzo ás 13:00 h, terá lugar no Telecentro do Concello de Arzúa a presentación da programación oficial da 35 edición da Festa do Queixo Arzúa.

A Festa do Queixo de Arzúa cumpre 35 anos. Durante os próximos 5,6 e 7 de marzo, o queixo de Arzúa- Ulloa será o protagonista desta cita gastronómica que comezou en 1975. O evento contempla nos seus alicerces aspectos como a tradición, a cultura e o turismo, entre outros, que xeran valor económico, e o consolidan como un proxecto de creación de valor arredor do produto e do territorio, ao tempo que o converten nunha cita fundamental e referencia cultural e gastronómicas de Galicia e do estado.

Arzúa adopta estes días un valor engadido desde a perspectiva cultural, económica, formativa e de lecer, a través dunha intensa e rica programación de actividades. Convidámosvos a todos a gozar do noso 35 aniversario!

Intervirán:

Xaquín García, Alcalde do Concello de Arzúa

Xosé Luís García, Concelleiro de Cultura do Concello de Arzúa e Presidente da Asociación para a Promoción da Festa do Queixo

Xosé Luís Carrera, Presidente do C.R.D.O.P Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa

José Ramón Bernárdez, responsable do Concurso Queixo Maquetón

Xunto coa programación 2010 ao completo, presentarase oficialmente o web institucional www.festadoqueixo.org. así como a nova identidade do evento coa recén creada marca “festa do queixo”.

Willy Naves, Bongo Experience e Belöp, finalistas da segunda edición de Queixo Maquetón
Arzúa, 17 de febreiro de 2009

Os Vigueses Belöp, os asturianos Willy Naves e os Barceloneses de Vilanova i la Geltrú, Bongo Experience, son os tres finalistas da segunda edición do proxecto Queixo Maquetón, que se celebra no marco da programación da Festa  do Queixo de Arzúa. Este ano, Queixo Maquetón recibiu un total de 30 proxectos chegados dende distintos puntos de España, converténdose de novo nunha referencia para o descubrimento de novas Bandas.

Descargue as fotos en alta resolución dos finalistas do Queixo Maquetón 2010

Ligazóns de interese:

Web de Willy Naves

Willy Naves en Twitter

Myspace de The Bongo Experience

Myspace de Belöp

O asturiano Willy Naves, presenta o seu proxecto persoal, despois de militar en varias bandas da escena asturiana. No verán de 2009 publica o seu primeiro EP de estudio autofinanciado titulado “La Casa de la Playa”, un Ep que tivo unha grande acollida entre a crítica especializada enmarcándoo como un dos grandes Ep´s do pasado ano. Por outra banda, acaba de ser seleccionado pola prestixiosa revista Mondosonoro para actuar nas súas Fiestas Demoscópicas, onde amosan o seu directo as bandas españolas máis prometedoras.

Dende Vilanova i la Geltrú chegan Bongo Experience, semifinalistas no pasado ano e que nesta segunda edición regresan á final cun estilo enérxico, bailable, moderno e innovador. Foron gañadores do concurso nacional de músicos amateur no 2008, seleccionados para o recompilatorio Mejores Talentos Myspace e recentemente elixidos como grupo revelación do mes de outubro polo coñecido webzine El Detonador.

Si o pasado ano eran os vigueses Maryland, este ano a representación galega no Queixo Maquetón volve dende a cidade Olívica con Belöp. Este Trío chega á final despois de ter unha boa acollida en Internet e presentar a súa música dentro e fóra de Galicia, gravando en maqueta tres temas que formarán parte do seu primeiro disco, acadando ademais o premio de mellor maqueta do ano 2009 no prestixioso certame Maketón Estrella Galicia dos 40 Principales.

A final será o día 6 de marzo a partires das 6 da tarde na Praza da Vila de Arzúa. O gañador será o encargado de pechar os concertos da xornada despois das actuacións no Campo da Feira dos franceses <<rinôçérôse>> e dos murcianos Second. O xurado, ademais dos organizadores do propio proxecto, estará composto por destacados profesionais vinculados ao mundo da música.

Willy Naves | Asturias

Willy Naves presenta os eu proxecto persoal, despois de militar en varias bandas da escena asturiana como Entropía ou Motel Blues. Durante os primeiros meses de andadura auto produce e grava no seu “Home Studio” catro temas que, en forma de Singles, atopan unha gran acollida en Myspace.

Ao mesmo tempo presenta o seu directo polas salas e auditorios asturianos, tanto en acústico como en eléctrico acompañado por banda. Especial éxito de público e crítica supón o seu concerto na  sala Orange Café de Madrid, evento patrocinado por Orange nunha serie de concertos chamados “Una y no más”, nos que tamén actúan Pignoise, Jaula de Grillos ou Vega, entre outros.

En agosto de 2009 publica o seu primeiro EP de estudio, “La casa de la playa”, que conta con Sergio Sastre a cargo da produción e  con Zahara na dirección vocal. A crítica enmarcouno como un dos  mellores EP’s do ano nos principais Blogs e Magazines musicais do país, e  Mondosonoro  elixiuno como Mejor Demo del Año 2009 en Asturias.

Ao longo do ano 2009 foi elixido finalista do Concurso de Maquetas 40 Principales, ten participado no Festival Derrame Rock, dentro do marco do concurso de maquetas, e logrou colocarse na final de importantes concursos como o XII Concurso de Rock Ciudad de Oviedo ou o Concurso de Maquetas CISLAN. Recentemente foi seleccionado Artista Demoscópico pola publicación Mondosonoro e actuará nas súas coñecidas Fiestas Demoscópicas en Febreiro de 2010, onde amosan o seu directo as bandas máis prometedoras do país.

Belöp| Galiza

A paixón pola música levou a Fabio, voz e guitarra; Calia, batería e David, baixo, a formar unha banda para expresar as súas inquietudes musicais. Así naceu Belöp en decembro de 2007.

Xa en xaneiro de 2008 finalizan a gravación da súa primeira maqueta titulada ‘Sometimes people need something like this’. Despois de sementar unha boa acollida en Internet y de presentarse dentro e fóra da xeografía galega, deciden tomarse un respiro para dedicarse por enteiro á composición.

Un ano máis tarde faise visible o resultado coa grabación de 3 temas en maqueta “Dancing with a purple octopus”, o seu primeiro traballo serio. A banda, coñecida por deixar participar aos fans nos seus concertos, ten rodado por todo o territorio español e a súa música ten soado en cidades como Barcelona, Madrid, Santander ou Gijón. Ademais, acaban de recibir o premio da música Maketón Estrella Galicia 2009 á mellor Maqueta do ano.

En 2010, Belöp empeza forte co seu novo single “Come up with your own moves”, Gonso Pedrido, o famoso productor vigués, logrou darlle un xiro significativo ao son da banda. A frescura impactante deste trío e as súas cancións directas e efectivas darán moito que falar nos próximos meses, para empezar,  xa conseguiron meterse na final de Queixo Maquetón.

Bongo Experience|Catalunya

The Bongo Experience nace en xaneiro de 2007 froito da conexión musical e persoal entre catro amigos dunha mesma cidade, Vilanova i la Geltrú (Barcelona).  Orixinarios de estilos ben diversos como son: o Funk, o Rock, Indie ou o Punk e seducidos pola variña da electrónica.

The Bongo Experience é unha banda viva, enérxica e moi bailable, cun son e un estilo moi persoal, moderno e innovador. A súa música parte dun concepto híbrido entre la programación e a interpretación, Drum&Bass, jungle e electro-punk, son os estilos que máis definen á banda.

As influencias de grupos como The Police, Led Zeppelin, Incubus, Blink182 ou Radiohead, manteñen a súa actitude aberta á experimentación e á fusión de diversos xéneros musicais. Os músicos de The Bongo Experience proveñen dunha formación musical complexa que se reflicte nas harmonías e melodías das súas composicións, xerando un son fresco, orixinal e, á vez, pegadizo.

Ganadores do Concurso Nacional de Músicos Amateurs 2008, seleccionados para o recompilatorio Mejores Talentos Myspace e elixidos recentemente como Grupo Revelación do mes de outubro polo coñecido webzine El Detonador; The Bongo Experience segue fortalecendo a súa corta traxectoria con premios e méritos que avalan a súa enorme proxección, traballando día a día sen esquecer a esencia dos seus valores: a independencia para experimentar, a experimentación para crear e a creatividade para poder crecer.

Aberto o prazo de reserva para expositores
Xa está aberto o prazo de reserva para os expositores da 35ª EDICIÓN DA FESTA DO QUEIXO.Todos os interesados en participar como expositor poden formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono 981 500 000, extensión 35 ou, como mellora introducida este ano, enviando un correo electrónico cos seus datos a info@festadoqueixo.org co asunto “Inscrición Expositor”, antes do día 19 de febreiro. Este é un requisito imprescindible para as adxudicacións dos stands, que se outorgarán por orde de inscrición. Durante os días da feira, non se permitirá a entrada a ningún expositor que non teña feita a reserva por esta canle.

O recinto Feiral Terra do Queixo abrirá a súa entrada para os expositores inscritos o sábado 6 de marzo ás 08.00 am para acondicionamento do posto e descarga de mercadorías.

Ademais dos expositores, o recinto feiral acolle exposicións e diferentes actos relacionados coa cultura, converténdose nun espazo de intercambio que nos achega ao mundo do queixo integrando actividades dirixidas ao seu coñecemento.

Arzúa presenta o Programa Musical para a Festa do Queixo 2010
Presentación Programa Musical

A Festa do Queixo de Arzúa presenta o programa musical para a 35 Edición. Os franceses «rinôçérôse» e os murcianos Second actuarán o sábado 6. O Festival Folk terá lugar o domingo 7  coas actuacións de  Mutenrohi e Anxo Lorenzo. Ademais, tras o éxito do ano pasado, celebrarase a segunda edición do concurso Queixo Maquetón na que actuarán os finalistas e o gañador deste ano.

A Festa do Queixo de Arzúa cumpre 35 anos. Durante os próximos 5, 6 e 7 de marzo, o queixo Arzúa-Ulloa será o protagonista desta cita gastronómica que comezou en 1975. O evento, adopta un valor engadido desde a perspectiva cultural, económica, formativa e de lecer e, ademais do programa musical, irá acompañado dunha intensa programación de actividades artísticas e culturais que se presentará integramente en rolda de prensa nos próximos días.

Descargar fotos dos artistas en alta resolución

PROGRAMA MUSICAL FESTIVAL DO QUEIXO 2010

Sábado 6

Final do Concurso Queixo Maquetón

Praza da Vila, 16:00 h

Actuación dos tres grupos finalistas da segunda edición do concurso “Queixo Maquetón”. Radio Arzúa recibiu máis de 30 traballos nesta segunda edición do concurso de maquetas. Logo do notable éxito acadado o ano pasado, o seu obxectivo é descubrir novas estrelas e propostas do futuro, bandas novas a procura dunha oportunidade para amosar a súa música. Os tres finalistas actuarán na tarde do sábado.

Second

Campo da Feira, 21.30 h

A banda murciana cumpre 12 anos. Foi no ano 1997 cando José Ángel Frutos (vocalista) e Jorge Guirao (guitarra), deciden formar un grupo de Rock para expresar as súas inquietudes musicais. Nando Robles, (baixista), Fran Guirao (batería) e Javi Vox (guitarra/teclados), uníronse progresivamente.

Despois de numerosos concertos por toda España e de gravar diferentes demos, no ano 2000 editan o seu primeiro disco, “Private Life”, co que irrompen no panorama rock español e conseguen gran aceptación de público e crítica. Este bo arranque fixo que en 2003 firmaran por Pulpo Negro Records, para editar “Pose”.

En 2004 gañan a Final Europea do prestixioso certame GBOB Awards e editan “Segunda Vez”, un E.P. onde comezan a cantar en castelán. Ese mesmo ano gañan tamén a Final Mundial de los GBOB Awards e embárcanse nunha extensa xira acompañada dunha forte campaña de comunicación en todos os medios.

Tras un  período compositivo, grandes actuacións en importantes festivais e unha exitosa xira por diversas cidades británicas nace “Invisible”, o seu terceiro disco destaca polo descaro que amosa a banda á hora de mesturar sons máis rock con influencias do Indie chegado desde o Reino Unido.

A súa música esperta un gran interese, a cervexa Estrella Levante coloca o single “Invisible” dentro das súas campañas publicitarias; Jorge Sánchez, director da película “La Noche de los Girasoles” elixe “Her diary” para a banda sonora do seu filme; o Real Murcia C.F. pídelles que compoñan o Himno do Centenario, que se presenta en Nueva Condomina, estadio do equipo Murciano.

Agora preséntanos “Fracciones de un Segundo”, o seu último traballo editado a principios de 2009. Un disco no que Second ten exprimido todas as súas influencias recentes e afastadas, un disco cargado de grandes momentos e sobre todo de grandes hits.

“Fracciones de un Segundo”, producido por Carlos Jean (Bunbury, Fangoria, Bebe, Hombres G) alcanzou na primeira semana a entrada nacional máis importante, ocupando os primeiros postos na lista oficial de ventas e fixo a Second merecedora da nominación a dous premios 40 Principales 2009.

Second, tráenos os seus riffs de guitarra e as súas melodías volven a remitirnos aos referentes anglosaxóns máis típicos sen perder de vista a lírica das bandas nacionais máis punteiras.

«rinôçérôse»

Campo da Feira, 23.30 h

Como un cometa deixando a súa estela no firmamento, «rinôçérôse» ten unha aureola galáctica. Se escoitas as súas cancións non podes esquecelas, pasan a formar parte de ti, parte da experiencia cognoscitiva.

Puntualmente etiquetados como “French Touch” ou combo de Montpellier, teñen realizado unha excelente carreira internacional, sempre mesturando efectos visuais de última xeración con impactantes cancións coas que expresan novas sensacións ao seu público, desde as súas orixes ata agora. Se “ver e sentir os sons” fóra natural, o acceso á música de «rinôçérôse» sería innato.

Unha das peculiaridades do grupo é que sempre convidan a participar nos seus albumes a distintos vocalista, aos cales conseguen sacarlles o mellor das súas voces cun enorme talento,  é a poderosa razón pola que prestixiosos artistas se prestan ao xogo.

En Futurinô, o disco que presentarán en Arzúa, pódes gozar a Bnann de Infadels en “Head Like A Volcano”, a Mark Gardener de Ride en “Where You From?” e “Week-end Of Sin”, a Ninja (a super enerxética e sexy vocalista de The GO Team!) no single «Time Machine», Luke Paterson de Deaf Stereo cantando “Panic Attack” e “The Heroic Sculpture Of «rinôçérôse»” e a colaboración de dous compatriotas, Anna Muchin da banda indie cobSOn e Jessie Chaton, coñecido polos seu traballo con Justice en «D.A.N.C.E.» e por ser o aloucado líder da banda de glam-rock Fancy.

A «rinôçérôse», gústalle compoñer como unha fusión de moitas artes.  En particular, a arte marxinal (Art Brut), coreografías, samples de computadoras e audiovisuais contemporáneos. Un proxecto tan marciano como auditivo, toda unha experiencia para Arzúa 2010.

Máis información en www.rinocerose.com

Actuación gañador Queixo Maquetón

Praza da Vila, 01.30 h

Un dos tres finalistas subirá ao escenario como gañador da 2ª edición do Concurso Queixo Maquetón. Este é un dos concertos máis esperados, a actuación do gañador esperta a curiosidade do público disposto a descubrir novas propostas.

Máis información queixomaqueton.blogspot.com

Domingo 7

Anxo Lorenzo

Praza da Vila, 19.30 h

Comeza a tocar a frauta con tan só cinco anos e a gaita aos seis. Desde os doce anos colabora cos grupos tradicionais máis importantes de Galicia como Xabaral, Duos Pontes, Semente Nova ou Lembranzas Galegas, cos que realiza desde traballos de investigación e recollida de música tradicional ata gravacións, concertos e xiras por España, Francia EEUU, Inglaterra ou Irlanda.

Como solista e compositor pisou os escenarios dos máis importantes festivais do mundo celta como Lorient, Ortigueira ou o William Kennedy Internacional Festival Piping. Tten realizado xiras por distintos países europeos e americanos, recibindo os máis prezados galardóns do mundo da gaita como o premio Macallan do Festival Intercéltico de Lorient.

Ademais da súa vertente tradicional, artistas dos máis variados estilos teñen solicitado a súa colaboración en gravacións como Skape, Mónica Molina, Jaula de Grillos, Chambao, Los Feliz ou Poncho K.  As súas gaitas e whistles teñen acompañado diversas xiras e concertos de Lúnasa, Kathryn Tickell, The Chieftains, Celtas Cortos, Michael McGoldric, Amistades Peligrosas, Rory Campbell ou Germán Díaz, convertendo a gaita tradicional nun instrumento vangardista, fusionándoa co pop, rock, chill out, hip-hop, música indú, jazz e a música electrónica, sen esquecer as súas raíces celtas.

Gaiteiro, compositor e produtor do Grupo SPIRITU 986, ten conseguido a unánime loanza da crítica pola perfecta fusión entre tradición e modernidade, unindo o son da gaita máis ancestral coa máis vangardista produción musical.

Na actualidade compaxina o seu grupo con concertos como solista e cursos de gaita e whistle.

Máis información en http://www.myspace.com/anxolorenzo

Mutenrohi

Praza da Vila, 21.00 h

Mutenrohi, a banda liderada por Xoán Carlos Fasero, continua coa presentación do seu sétimo disco “SETE”, despois duns anos moi intensos, coa publicación do seu disco décimo aniversario en directo  “…e van dez”; coa xira conxunta con Cristina Pato nos anos 2006 e 2007 ou a gravación do CD+DVD que leva por título “Misturados”.

Ademais, hai que engadir a súa xira polo Reino Unido ao longo destes tres últimos anos, que os levou a tocar cos míticos Wolfstone en Escocia ou con Supergrass no Solfest.

“Sete” representa a madurez da banda e a fusión definitiva do pop coa música tradicional galega, un paso máis na madurez desta xa clásica formación do folk galego coa que poderemos gozar na Festa do Queixo 2010.

Máis información en www.mutenrohi.com

Actuación gañador Queixo Maquetón

Praza da Vila, 01.30 h

Un dos tres finalistas subirá ao palco como gañador da 2ª edición do Concurso Queixo Maquetón. Este é un dos concertos máis esperados, a actuación do gañador esperta a curiosidade do público disposto a descubrir novas propostas.