Ir á páxina de inicio da web da Festa do Queixo

Atraídas polo queixo e a programación musical e cultural, máis de 40000 persoas participaron na 35 edición da Festa do Queixo

8 Marzo , 2010

Exposicións, degustacións, catas, obradoiros, concursos e concertos, contaron con numeroso público.

Gran participación nas actividades culturais e musicais da Festa do Queixo. Exposicións, degustacións, catas, obradoiros, concursos e concertos, contaron con numeroso público. Ler o resto da nota de prensa »

O grupo vigués Bëlop, gañador do concurso de maquetas Queixo Maquetón 2010

7 Marzo , 2010

Onte sábado tivo lugar a final da segunda edición do concurso “Queixo Maquetón 2010”. A partir das 18.00 h, os tres finalistas tiveron a oportunidade de amosar o seu potencial ante o numeroso público que se congregaba na Praza da Vila de Arzúa. Willy Naves, Bongo Experience e Belöp; chegados desde Asturias, Galiza e Catalunya, respectivamente, subiron ao escenario para gañarse ao público cos seus intensos directos. Ler o resto da nota de prensa »

Gran participación nas actividades culturais e musicais da Festa do Queixo

7 Marzo , 2010

Miles de persoas gozaron das actuacións de Second e <>, que realizaron un incrible concerto.

Os Vigueses Belöp, gañadores do concurso de maquetas Queixo Maquetón 2010.

Numeroso público achegouse ata Arzúa para visitar a Festa do Queixo durante a xornada do sábado, na que as actividades culturais contaron con ampla participación.

Onte, ás 13.00 tivo lugar a inauguración Oficial da 35 Edición da Festa do Queixo, no acto participaron Don Xaquín García Couso, Alcalde do Concello de Arzúa; Don Xosé Luís García, Concelleiro de Cultura do Concello de Arzúa e Pres. Asoc.Festa do Queixo; Don Pablo Villamar Díaz, Vicepresidente da Deputación da Coruña; Don Carlos Vila, Director Xerente de Galicia Calidade e o escritor Séchu Sende, pregoeiro da 35 edición da Festa do Queixo.

Carla, Uxía e José, alumnos do colexio Atocha de Arzúa, foron os encargados de presentar e conducir o acto inaugural, no que tivo lugar a entrega de premios do Concurso de Cartaz Anunciador da 35 Festa do Queixo.

Séchu Sende, escritor ligado á defensa da identidade lingüística e activista social e cultural do noso país, non deixou pasar a oportunidade para reivindicar o uso do galego e a súa promoción por parte da administración, “todos somos responsables de manter o noso idioma”, “é unha aventura emocionante ser galego falante”. Un discurso lúcido e cheo de poesía no que de forma especial homenaxeou ao Queixo de Arzúa.”O queixo é a mellor marca de toda a comarca”.
O acto rematou coa fascinante actuación de Alba Lírica Gospel, que dunha forma divertida percorreu a traxectoria da música negra desde os seus comezos ata os nosos tempos.

O programa musical do sábado reuniu a miles de persoas para gozar das actuacións de Second e <>, os franceses cumpriron as expectativas e realizaron un incrible concerto no Campo da Feira, totalmente repleto de público.

O concurso de maquetas Queixo Maquetón celebrouse na Praza da Vila a partires das 18.00 h. Despois da actuación dos tres grupos finalistas: Willy Naves, Bongo Experience e Belöp, chegados desde Asturias, Galiza e Catalunya, respectivamente, o xurado fallou a favor de Bëlop que, xa como gañador do Queixo Maquetón 2010, protagonizou o último concerto da xornada á 01.30 da madrugada na Praza da Vila.

Domingo 7 de marzo
A xornada do domingo comezou coa apertura do Recinto Feiral ás 10.00 h, miles de persoas percorreron os stands durante a mañá e participaron nas actividades programadas, entre as que destacan a exposición dos carteis participantes no “Concurso Cartaz Anunciador da Festa do Queixo”, a degustación de queixo, catas comentadas de queixo con mel e outros produtos o pasarrúas do grupo Reviravoltas ou as actuacións musicais da Compañía Gostoso Pa + e o espectáculo fascinante de Alba Lírica Gospel.

No exterior, os nenos puideron gozar da Caixiña de Mistos, plataforma itinerante de exhibición audiovisual que engaiolou aos máis cativos e os menores de 18 anos poderán participar no Concurso de Fotografía, especialmente deseñado para eles. Ademais, ao longo da xornada realizáronse tomas de fotografía aérea que nos achegan imaxes da Vila nesta xornada da Festa do Queixo.

A música continuará esta tarde coas actuacións de Anxo Lorenzo, ás 19.30 e Mutenrohi, ás 21.00, ambas na Praza de Galicia.

A inauguración oficial da 35 edición da Festa do Queixo deu paso a intensa programación cultural e musical da xornada do sábado

6 Marzo , 2010

Mañá continúa a programación musical coas actuacións de Anxo Lorenzo e Mutenrohi na Praza da Vila

Hoxe, ás 13.00 tivo lugar a inauguración Oficial da 35 Edición da Festa do Queixo, no acto participaron Don Xaquín García Couso, Alcalde do Concello de Arzúa; Don Xosé Luís García, Concelleiro de Cultura do Concello de Arzúa e Pres. Asoc.Festa do Queixo; Don Pablo Villamar Díaz, Vicepresidente da Deputación da Coruña; Don Carlos Vila, Director Xerente de Galicia Calidade e o escritor Séchu Sende, pregoeiro da 35 edición da Festa do Queixo. Ler o resto da nota de prensa »

O Queixo de Arzúa logra unha magnífica acollida en internet

4 Marzo , 2010

A promoción da Festa do Queixo de Arzúa a través da rede e das novas tecnoloxías, está a desenvolverse de forma moi activa, o emprego de soportes de comunicación online como www.festadoqueixo.org, festadoqueixo.blogspot.com, os perfís en Facebook e Twitter e as novas ferramentas sociais na web 2.0, están a potenciar a presenza do queixo nas redes sociais dun xeito significativo. Ler o resto da nota de prensa »

Esgotados os stands para expositores profesionais

4 Marzo , 2010

Xa se esgotaron os stands dispostos para expositores profesionais na 35 Edición da Festa do Queixo de Arzúa.

Máis de oitenta queixerías chegadas dos distintos territorios exporán os seus produtos no Recinto Feiral Terra do Queixo, no que poderemos atopar unha boa mostra das distintas Denominacións de Orixe que participan nesta edición.

O queixo galego estará ben representado no Recinto Feiral Terra do Queixo, as denominacións de orixe galegas, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro, teñen reservado o seu espazo.

Igualmente, a organización informa de que está confirmada a participación de queixerías de procedencia internacional, concretamente de Francia e Italia, e tamén do resto do estado como Menorca, Perineos (Huesca) ou de Taramundi (Asturias).

O Recinto Feiral Terra do Queixo permanecerá aberto ao público dous días completos en horario ininterrompido. O sábado 6 de marzo, a apertura de portas ao público terá lugar ás 11.00 h e permanecerá aberto ata ás 21.00 h; mentres que o domingo 7 de marzo, o horario será de 10.00 a 21.00 h.

Ademais dos expositores, o recinto feiral acolle exposicións e diferentes actos relacionados coa cultura, converténdose nun espazo de intercambio que nos achega ao mundo do queixo integrando actividades dirixidas ao seu coñecemento.

Convocatoria de Prensa

24 Febreiro , 2010

Este xoves 25 de marzo ás 13:00 h, terá lugar no Telecentro do Concello de Arzúa a presentación da programación oficial da 35 edición da Festa do Queixo Arzúa.

A Festa do Queixo de Arzúa cumpre 35 anos. Durante os próximos 5,6 e 7 de marzo, o queixo de Arzúa- Ulloa será o protagonista desta cita gastronómica que comezou en 1975. O evento contempla nos seus alicerces aspectos como a tradición, a cultura e o turismo, entre outros, que xeran valor económico, e o consolidan como un proxecto de creación de valor arredor do produto e do territorio, ao tempo que o converten nunha cita fundamental e referencia cultural e gastronómicas de Galicia e do estado.
Ler o resto da nota de prensa »

Willy Naves, Bongo Experience e Belöp, finalistas da segunda edición de Queixo Maquetón

17 Febreiro , 2010

Arzúa, 17 de febreiro de 2009

Os Vigueses Belöp, os asturianos Willy Naves e os Barceloneses de Vilanova i la Geltrú, Bongo Experience, son os tres finalistas da segunda edición do proxecto Queixo Maquetón, que se celebra no marco da programación da Festa do Queixo de Arzúa. Este ano, Queixo Maquetón recibiu un total de 30 proxectos chegados dende distintos puntos de España, converténdose de novo nunha referencia para o descubrimento de novas Bandas.

Descargue as fotos en alta resolución dos finalistas do Queixo Maquetón 2010

Ligazóns de interese:

Web de Willy Naves
Willy Naves en Twitter
Myspace de The Bongo Experience
Myspace de Belöp

Ler o resto da nota de prensa »

Aberto o prazo de reserva para expositores

6 Febreiro , 2010

Xa está aberto o prazo de reserva para os expositores da 35ª EDICIÓN DA FESTA DO QUEIXO. Ler o resto da nota de prensa »

Arzúa presenta o Programa Musical para a Festa do Queixo 2010

6 Febreiro , 2010

Presentación Programa Musical

A Festa do Queixo de Arzúa presenta o programa musical para a 35 Edición. Os franceses «rinôçérôse» e os murcianos Second actuarán o sábado 6. O Festival Folk terá lugar o domingo 7 coas actuacións de Mutenrohi e Anxo Lorenzo. Ademais, tras o éxito do ano pasado, celebrarase a segunda edición do concurso Queixo Maquetón na que actuarán os finalistas e o gañador deste ano.

A Festa do Queixo de Arzúa cumpre 35 anos. Durante os próximos 5, 6 e 7 de marzo, o queixo Arzúa-Ulloa será o protagonista desta cita gastronómica que comezou en 1975. O evento, adopta un valor engadido desde a perspectiva cultural, económica, formativa e de lecer e, ademais do programa musical, irá acompañado dunha intensa programación de actividades artísticas e culturais que se presentará integramente en rolda de prensa nos próximos días.

Descargar fotos dos artistas en alta resolución

Ler o resto da nota de prensa »