Tequila

Tequila 2020-02-19T10:36:24+00:00

Project Description

Tequila

O concerto de Tequila, será unha ocasión histórica e unha oportunidade única de velos e desfrutar do seu incrible directo en Arzúa, e de balde, antes da súa despedida final no Wizink Center en Madrid o 20 de marzo. #AdiosTequilaTour

Ariel Rot e Alejo Stivel reúnense para celebrar a despedida dos escenarios de Tequila. “La última fiesta” pon o punto e final á traxectoria deste mítico grupo, parte fundamental da historia do rock en castelán, poñendo banda sonora a unha época de especial vibración no cultural, no social e no político. A súa célebre traxectoria deixou catro álbums repletos de himnos que permanecen vivos ao longo dos anos. Rock fresco, vibrante e desenfadado que bebeu de influencias como Chuck Berry ou The Rolling Stones.

Adiós Tequila Tour revive en directo himnos que traspasaron xeracións como Dime que me quieres, Me vuelvo loco, Quiero besarte, Salta!!! ou Rock and Roll en la Plaza del Pueblo.

LINKS DE INTERESE:

https://www.facebook.com/tequilaoficialrock

https://www.instagram.com/tequilarock_oficial

Tequila