Sondeseu

Sondeseu 2018-02-22T18:20:40+00:00

Project Description

Sondeseu

Formada por máis de 50 compoñentes, está considerada como a primeira orquestra folk de Galicia. Arpas, canto, corda pulsada, frautas de madeira, gaitas, percusión, requintas, violíns e zanfonas, Sondeseu lidera o proxecto ENFO (European Network of Folk Orchestras), promovendo a creación en Europa.

Presentarán Beiralúa, o novo traballo fonográfico que invita á danza colectiva, á colaboración de artistas e compositores na elaboración dun repertorio variado que recolle diversos enfoques. Ademais dos compositores e colaboradores habituais -Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Rodrigo Romaní ou Xosé Liz- atoparemos obras creadas para a orquestra por nomes como Xosé Lois Romero, Pedro Lamas ou Quico Comesaña, xunto coa presenza de invitados como Susana Seivane, Orfeón Treixadura ou Rosa Cedrón. Dun xeito especial, Beiralúa recolle unha obra particularmente creada por Anxo Pintos para a candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade chamada San Martiño. Esta actuación no Festival do Queixo será coa formación ao completo.