Rosa Cedrón

Rosa Cedrón 2018-02-22T18:20:13+00:00

Project Description

Rosa Cedrón

Icona feminina da música galega, a ex-cantante de Luar na Lubre é buque insignia da modernidade na tradición do folk. Versátil, expresiva, elegante e dotada dunha beleza plástica única, conquistou os escenarios internacionais participando incluso nun proxecto de Mike Olfield ao longo das capitais mundiais da cultura.

Tras a publicación de Entre dous mares, regresa con Nada que perder. Experimenta cos límites da world music sen clichés nin estereotipos, logrando un disco cheo de luz onde as propias composicións son a mellor mostra da atmosfera que só Rosa Cedrón pode chegar a crear. A música como linguaxe universal expresado en diferentes idiomas, reflexo do legado enriquecedor do seu paso polo mundo: galego, inglés, español e francés teñen cabida en Nada que perder. Parte fundamental deste proxecto é a reconciliación co instrumento que a situou na órbita musical, o cello. Rosa soubo integralo con éxito nun disco que abarca un sen fin de estilos musicais coa particular homenaxe nunha portada onde se expón ao xuízo do seu público máis fiel. A súa actuación será en formato acústico, de piano máis voz.