Ilegales

Ilegales 2018-03-01T00:54:04+00:00

Project Description

Ilegales

Ilegales é un dos grupos máis importantes na historia do rock español. Desde os anos 80 levan repartindo rock a ambas beiras do Atlántico, chegando a conseguir en 2010 un disco de diamante polas vendas acumuladas de toda a súa discografía.

En xuño de 2017 edítase o documental Mi vida entre las hormigas, que repasa a historia da banda e alcanza un enorme éxito de crítica e público, o que os levou ao nº1 de vendas na lista española de DVD musicais, onde se mantén no Top 10 durante 21 semanas consecutivas.

O documental coloca ao grupo nunha posición inmellorable para afrontar novas aventuras. En 2018 inicia unha serie de concertos 😉 A súa actuación no Festival será unha das enmarcadas nunha pequena serie de concertos que o grupo realizará no 2018 en formato eléctrico, e cuxo repertorio estará baseado nos seus grandes éxitos.