David Van Bylen & Juan Reich DJ

Home/Artistas Festival 2018/David Van Bylen & Juan Reich DJ
David Van Bylen & Juan Reich DJ 2018-02-22T18:19:22+00:00

Project Description

David Van Bylen & Juan Reich DJ

Unha formación exclusiva e creada especificamente para o Festival do Queixo, estes dous magníficos DJ únense para ofrecer unha sesión única chea de enerxía e bo ambiente, que seguro acelerará as pulsacións do público. Temas rompepistas, remixes e mesturas para non parar de bailar sacudirán a pista de baile a golpe de éxitos para corear.

David Van Bylen é compositor e produtor musical, remesturador, DJ, músico multiinstrumentista, cantante de Esterotypo, e leva as súas remesturas a case todos os clubs do país. Ecléctico e prolífico, os seus remixes xa se converteron en imprescindibles nas maletas de moitos DJ. Destacan ademais as súas colaboracións e producións xunto a recoñecidos artistas como Carlos Jean, Angy, Amaia Montero, Abraham Mateo, Barrio Sur, ou o mismísimo Raphael.

Juan Reich é un DJ todoterreo influenciado polo funk, o hip-hop e sobre todo polo rock, que conta xa cunha longa traxectoria musical nas cabinas galegas. Compartir cartel con artistas tan dispares como Amable Dj, Chimo Bayo, Los Chicos del Maíz, Status Quo, Calle 13, Los Enemigos ou The Gift serve para certificar que é capaz de adaptarse a todo tipo de público.